martes, 7 de junio de 2016

PROVINCIAL MAR COSTA

Nova competición oficial, Provincial Mar Costa.
Os nosos cinco representantes con todo preparado, aínda que a praia non fose a que máis animaba, pero a climatoloxía manda, nesta nosa paixón, os ventos do sur facían desaconsellable a praia titular e fomos á alternativa, o magnifico areal de Aguieira, en Portosin.
Baixo un ceo encapotado, que só deixo caer un pouco da súa carga, desenvolvéronse ambas as mangas.




Comezamos a primeira manga con escaseza de capturas,
pronto comezou a busqueda das tan cobizadas pezas que nos quitasen o temido cero.
E comezaron as pezas de punto, e, sorprendentemente salio unha maragota despistada que indicou que aí diante había pedras e algas.
Pablo Cámera pronto localizou ás bogas e comezó a dar guerra. Preto do final da primeira manga deron a cara os múgiles, animando a competición.
As espadas no alto (canas) para a segunda manga, puntuaramos todos e a posibilidade de coarnos para o Autonómico estaban intactas.
Óscar Arousa consiguio pronto un múgil, e permitiuse o  luxo de perder outro, "Samu", demostrou que a perseveranza é unha das súas multiples virtudes  e puxo en seco unha preciosa chepa, mentres o resto de compañeiros continuaban no seu empeño de obter algunha captura.
Óscar rubrico o seu pase coa captura dunha robaliza e unhas fanecas que o elevaron a "segundo de praia" na clasificación da segunda manga.
Samuel aguantou o tipo coa chepa capturada e os demais representantes do noso Club plantaron cara ata o bocinazo final.
Obxectivo conseguido a medias, dous representantes do noso Club lograron dúas meritoria prazas para o Autonómico, tres compañeiros , por pouco, non pasaron o corte, pero demostraron ser dignos representantes do noso Club.
Parabén aos gañadores e grazas á climatoloxía que acabo respectando a proba.

No hay comentarios: