martes, 21 de junio de 2016

IV OPEN AUTONOMICO TERRA DE LEMOS

Ao día seguinte da gran actuación do noso deportista D. Jesús Bolaño , que desde aquí queremos volver felicitar, tócolle ao noso futuro demostrar a súa valía. E demostrárono. Un gran día, coa meteoroloxía como aliada, unha gran compañía, e unha boa organización, parabén aos integrantes do Club Val de Lemos pola súa inestimable axuda e bo facer que  nos fixeron gozar desta nova xornada de pesca.


Un río un pouco alto, como vén sendo habitual este ano, recibiunos no Area Recreativa de Ribas Altas. O sorteo de postos deu o pistoletazo de saída, os participantes acompañados dos seus respectivos controis dirixíronse aos seus tramos para comezar a acción de pesca.
Dúas horas e media de nervios, movían troitas pero non acaban de entrar, de emocións coas primeiras capturas, e a ansiada hora de repoñer forzas, comida campestre onde deron boa conta das viandas e refrescos, mentres comentaban a mañá e interesábanse os pescadores da tarde polos tramos que a sorte lles había deparado.
Trascurrió a tarde gozando da natureza, uns pescando outros xogando, e a organización traballando. A exposición de clasificacións deu lugar á entrega de medallas e camisetas a todos os participantes e os ansiados trofeos aos merecidos gañadores.
Queremos agradecer á Federación Galega  de Pesca e Casting, ao Club Val de Lemos, a Culleriñas Edu, aos acompañantes, monitores, Presidentes e como non, a todos os participantes o seu gran labor, e deportividade, que fan posible realizar estes Open que tan boa acollida teñen entre a nosa mocidade, achegándoos a este gran deporte en contacto coa natureza e en respecto co noso medioambiente.
Non nos podemos esquecer dos desvelos de Roberto e Elsa que ano tras ano, e todos os días, fomentan este deporte, e que sen eles non seria posible esta IV edición, nin as precedentes. Moitas grazas.  









No hay comentarios: