martes, 2 de junio de 2015


XLIX FESTA DA TROITA DE PONTE CALDELAS 2015



Como xa é habitual o Club de Pesca Deportiva Londra de Rois, participou no Concurso De Pesca Deportiva da XLIX Festa da Troita de Ponte Caldelas 2015 celebrada os días 30 e 31 de Maio no río Verdugo. Ó igual que todolos anos o Clube Londra presentou socios a tódalas modalidades.
O sábado 30 de Maio foi o turno dos senior, presentándose José Eiras Rodríguez, Carlos Torrado Barros, David Álvarez Lorenzo e José Otero Reboredo.
O domingo, foi para as mulleres, xuvenís e infantís. Presentándose polo Club Londra Carlota Guimarey Pérez, Melani Gestoso Rey e Yessica Moldes Ojea na categoría de damas; Jesús Canicoba Aboy, Ángel Guimarey Pérez, Lucas Otero Álvarez, Brais Blanco Tarrío e Martín Mosquera López na categoría de xuvenís e os irmáns Fabián e Brais Eiras Torrado na categoría de infantís.
Logo da participación dos socios o longo do fin de semana é preciso mencionar que o Club de Pesca Deportiva Londra acadou o terceiro posto por equipos. Logrando David Álvarez Lorenzo o terceiro posto na categoría senior e mencionar tamén o excelente resultado no equipo feminino pois as dúas primeiras clasificadas foron Melani Gestoso Rey e Yessica Moldes Ojea, acadando primeiro e segundo posto respectivamente.

Se che interesa ser partícipe de todos estes logros ano tras ano podes facerte socio ou contactar connosco a través do correo electrónico clubdepescalondra.rois@gmail.com



No hay comentarios: