viernes, 13 de mayo de 2011

XVII TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA


Narón a 5 de Maio de 2011


COMUNICADO DE PRENSA DA SOCIEDADE XUBIA

Coma tódolos anos imos organizar este ano o XVII TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA , a súa fecha de celebración vai ser ó igual que en edicións anteriores o día 17 de Maio , Día das Letras Galegas , no entorno do couto que esta sociedade xestiona xunto có Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural : O couto troiteiro de Xubia .
O programa de actividades será o seguinte:
 8:00 Xuntanza no Bar Marvil
 9:00 Inicio do Campionato
 13:30-13:45 Fin da competición, entrega de capturas e pesaxe na Area Recreativa de Muiño do Chao (Pedroso)
Por último anotar que a actividade rematará cunha comida de confraternidade que terá lugar na área municipal de lecer de Muiño do Chao en Pedroso.
Finalizada a mesma procederase á entrega de trofeos.
Recórdase a tódolos pescadores da comarca a posibilidade de inscribirse coma participante
En ámbolos dous casos , rogamos que se poñan en contacto con nós o antes posible para tramitar a súa inscrición , que coma todos os anos será preferente para os socios, aínda que aberta ó resto de pescantíns .
Recordamos que o horario de oficina do local social é de 20.00 a 21.00 h. os venres ; o noso tel-fax é 981 387809 ou mediante o correo electrónico arrotreba1@terra.es
Tamén se pode contactar coa organización do concurso nos tel mobiles:
615055041 e 618766262
Adxuntamos cartelería do evento.

Atentamente, o presidente .

ELOI SAAVEDRA VIDAL

No hay comentarios: