viernes, 11 de diciembre de 2009

CAMPIONATO PROVINCIAL MAR-COSTA A CORUÑA 2009

O pasado sábado 21 de Novembro, celebrouse na prai de Laxe o Campionato Provincial de A Coruña, na modalidade de Mar-Costa. Nin o nº 1 do concurso de optimistas pensaría núnca que íamos a ter o día que tivemos. (as fotos son para ..... que as vexan os de Pontevedra, Ourense e Lugo). Os presaxios invitaban a tapiar as fiestras e quedar na casa rezando pra que non caera, nembargantes chegamos a Laxe e todo o mundo nos preguntábamos ¿onde está o vento?, ¿e a chuvia?, ¿e o inferno de mar que daban para hoxe?. Tamén houbo moita pesca ainda que de escaso porte. Os nosos compañeiros portaronse, tal como indicaba o caldeiro de Pitu, como Titans, pero esta vez a sorte estaba do lado dereito. Un nefasto sorteo deixou ós catro participantes do Club nos postos da banda esquerda, o cal dou un resultado final que, ainda con todo o comentado, andivemos próximos á clasificar algún compañeiro para o autonómico..... Continuará.



No hay comentarios: