lunes, 30 de noviembre de 2009

A CONSERVACIÓN EN ACCIÓN. O DESAFÍO DE CONSERVAR OS OCÉANOS.

Prezada/o amiga/o,
Dende o CEIDA queremos informarlle da celebración do seminario A CONSERVACIÓN EN ACCIÓN. O DESAFÍO DE CONSERVAR OS OCÉANOS.
A actividade, organizada polos Museos Científicos Coruñeses e o CEIDA, terá lugar os días 10 e 11 de decembro. O Castelo de Santa Cruz (Oleiros) acollerá a xornada do día 10 e a Domus (A Coruña) a do día 11.
A situación dos océanos, os desafíos da súa conservación e os instrumentos e ferramentas para levala a cabo son os contidos do seminario.
Máis información e inscricións en: http://www.ceida.org/formacion.html
Un saúdo,
Área de Información e Comunicación do CEIDA

No hay comentarios: