miércoles, 13 de mayo de 2009

TRES MEMBROS DO CLUB LONDRA DE ROIS ACADARON PREMIOS NO CONCURSO DE PESCA DA FESTA DA TROITA DE SIGÜEIRO.


María Manuela Freire Pazos acadaba a primeira praza na categoría de Damas o capturar tres troitas, José Javier Señorís Bargo e Ramón Rodríguez Angueira acadaban a quinta e sexta praza respectivamente na categoría Senior masculina. Destacar o triunfo na categoría de Damas da María Manuela Freire Pazos, pois nas últimas tempadas estase a facer co triunfo en todos os campeonatos que participa, o que quere decir que xa non é casualidade. Unha dama a que lle apasiona o deporte da pesca e que como deportista busca sempre o mellor, e decir gañar e estar por diante alí a donde vai. A parte de ser coñecida xa no mundo da pesca deportiva a nivel autonómico, María Manuela leva por diante sempre o nome do Club LONDRA, detalle que este Club agradece, dandolle a noraboa a ela e os outros dous premiados do clube, que acompañados de quince membros mais participaron nesta edición da Festa da Troita de Sigüeiro onde sin dúbida desfrutaron dunha xornada memorable, pois aparte destes tres trofeos que truxeron para Rois, o chegar a esta localidade enteraronse de que un compañeiro deles e membro do Club LONDRA acababa de obter o título de Campión Galego na modalidade de Salmónidos Lance. Noraboa para todos eles por entender a pesca como un deporte e ser o espello dos máis cativos do Club. A destacar tamén que LONDRA utiliza culleriñas EDU, ¿será por eso?.

2 comentarios:

Suso dijo...

Hola Maria "CAMPEONA" en horaboa,
eu non me extraño,pois mais de unha
vez,no Ribeiro, demostraches as tuas
cualidades en pesca, Felicidades.
Un saúdo.

lucia dijo...

e a mais mellor,notase q e miña nai,jejeje,grazas suso