lunes, 11 de mayo de 2009

CAMPIONATO GALEGO SALMÓNIDOS LANCE 2009.




O Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois e o W.LATORRE de Padrón colleitan un novo éxito, José Rabuñal Caamiña convirteuse o domingo día 10 de maio no vixente Campión Galego na modalidade de Salmónidos Lance, título que lle dá dereito a participar no Selectivo Autonómico para entrar na Selección Galega de Pesca na vindeira tempada e participar no Campionato de España. Seguiron a Rabuñal no podium, Roberto Martínez Díaz de Monforte de Lemos que se fixo ca segúnda praza e Marcos Giraut Tuñas do Club W.LATORRE de Padrón que ocupou a terceira praza. O campionato disputouse no Couto de Rois ca organización da Federación Galega de Pesca e a colaboración do Club de Pesca Deportiva LONDRA, a cal se encargou do tramado e señalización dos postos de pesca. Participaron 24 pescadores representando as catro provincias galegas clasificados nos seus respectivos campionatos provinciais. Capturaronse un total de 23 troitas, cifra non moi alta para este couto, pero que sigue a tónica xeral de todos os coutos de Galicia dando moi poucas capturas con respecto a tempada pasada. O Rois moi baixo de caudal para esta época do ano e xa de por sí dificil de pescar, puxo a proba a pericia e habilidade dos participantes e de seguro sairon deste campionato os mellores pescadores galegos dadas as circunstancias e o alto nivel dos participantes.















Dende a Directiva do Club LONDRA e en especial de toda a súa masa social, felicitamos a José Rabuñal pola súa entrega, adicación e esforzo por levar o Club LONDRA ó peldaño mais alto a nivel autonómico nesta modalidade deportiva e facerse co título de Campión Galego.

No hay comentarios: