miércoles, 15 de abril de 2009

RESERVAS MARIÑAS E TERCEIROMUNDISMO

Di o artículo 14 da Constitución española (se non me engano en vigor ata hoxe mesmo pola mañá) o seguinte:
Igualdad ante la ley (Capítulo Segundo del Título I, de los Derechos y Libertades).
"Los españoles son iguales ante la ley, sin que pueda prevalecer discriminación alguna por razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social".
Pero igual isto vai resultar que non é certo de todo.
De esta maneira, e sen que medie explicación ou argumentación de peso, resulta que os pescadores recreativos e os profesionais non son iguais, polo menos parece que os que sostemos canas na man debemos ser bastante mais perigosos, e polo tanto debemos permanecer menos iguais.
Non abondou a sentencia que neste sentido desautorizou a xestión da Consellería de Pesca en Galicia en torno á captura recreativa do polbo (Tribunal Supremo sala de contencioso-administrativo sección cuarta en sentencia de 2 de Decembro de 2005 acerca de recurso de casación 9373/2003 ) e no mesmo camiño da contumacia voltan ás andadas.
Así e no culme do despropósito, aprobase o Decreto 28/2009, do 29 de xaneiro, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Ría de Cedeira, que como non podía ser menos e no sentido tradicional da xestión da pesca na nosa comunidade autónoma, iguala a potencia destructiva dos pescadores con cana ós ‘’tradicionais (e engadiría eu con retranca) selectivos’’ artes de enmalle e anzol.
No principio vimos con bós ollos a creación da reserva integral de Esteiro, por que ainda como colectivo, temos que ser autocríticos e aceptar que había un lote de malnacidos que se adicaban no interior de Esteiro a matar cria de robaliza, e cando digo cría, digo cría (ata as de 10 cm. collían)
O feito é que finalmente se nos mete no saco dos furtivos (como se o colectivo dos profesionais non os tivera) e se nos expulsa das áreas de especial protección, imaxino có argumento de que matamos tanto ou mais que os profesionais (isto me recorda ó razoamento de certo director do Parque das Fragas do Eume)
E por fin, chegamos ó culme dos despropósito expulsando ós pescadores deportivos dunha reserva mariña, mentras na mesma se pode pescar con arte de enmalle.
En paises tercermundistas (EEUU sen ir mais lonxe) resulta que os expulsados son os barcos e o que se consigue é unha costa chea de peixe que move un sector económico de pesca deportiva de dimensións èpicas. Pero claro, resulta que nos somos mais avanzados, e o lóxico resulta permitir aproveitamento dos recursos pesqueiros a un pequeño número de individuos, que xeran unha riqueza mais que limitada, con un valor engadido mais que escaso, e que mais tarde tirarán as súas capturas ó mar en canto estas baixen de precio…

VIVIR PARA VER

En fin, que nestas condicións eu case prefiero ser terceiromundista, e que dunha vez cheguen técnicos tercermundistas, que por suposto aproben decretos terceiromundistas cós que conseguir ter unha costa chea de peixes, para terceirondistas pescadores de cana.

Eiquí dente o primeiro mundo.
Un pescador cabreado
Eloi Saavedra Vidal/Presidente da Sociedade de caza e pesca Xuvia

No hay comentarios: