jueves, 27 de noviembre de 2008

VI SANTIAGUIÑO DO MONTE DE SURFCASTING


O 22 de novembro disputouse na praia de As Furnas o VI SANTIAGUIÑO DO MONTE DE SURFCASTING, organizado polos nosos colegas do Club de Pesca W.LATORRE, nunha tarde-noite mais apacible do que se esperaba, un total de 36 pescadores (4 deles do noso Clube) ocuparon a area pra intentar demostrar as suas habilidades surf-castingneras.
Tras catro horas de pesca douse por rematado o concurso co seguinte resultado: Faustino Rodríguez revalidando o seu titulo de Campeón con un total de cinco pezas, seguido por Vicente Figueira con tres robalizas e Eduardo Franco do Club Xubia en terceiro lugar con unha robaliza e un sargo de 1.264 grs. que lle outorgaba a maiores o premio á peza maior.
Cabe destacar o meritorio 6º posto do noso compañeiro David Barreiro e tamén a sorte de Pilar Rey tocándolle unha cana DAIWA coj..uda.
O Campionato rematou coa entrega de trofeos e unha estupenda cea no Restaurante Balieiros.

1 comentario:

BreoganGal dijo...

hola
esta bastante bien el blog
mola
un saludo