martes, 11 de noviembre de 2008

CAMPIONATO AUTONÓMICO de MAR-COSTA 2008




O pasado sábado 8 de novembro do presente, tivo lugar polos nosos lares o Campionato AUTONÓMICO de MAR-COSTA 2008.
Durante a mañá a Organización visto o estado do mar tomou a decisión de visitar as duas praias alternativas que os Clubes locais (W.LATORRE e nos mesmos) propuxemos á Federación como escearios da competición. Descartouse de inicio a praia de Ladeira debido á manta de algas que o vento do sur amontonaba na sua beira. Elexida como zona de pesca a praia de Queiruga, posto que aparentemente reunía unhas aceptables condicións, iniciamos o marcaxe da mesma, pero chegados á altura do posto 19, observamos outra manta de algas que abarcaba dende ese posto ata o remate da praia o cal faría impracticable a pesca.
Dadas as circunstancias a Organización decidimos definitivamente que o esceario da competición sería a praia de As Furnas, considerando que se podería pescar, ainda presentando unhas condicións bastante duras, amais de considerar o lugar o suficientemente seguro para a integridade física dos participantes.
Iniciouse a primeira manga ás 18:00 horas e rematou ás 21:OO unha hora de descanso e volta a escomenzar as 22:00 ata a 1:00 horas en que rematou a proba. Cantas gañas había por parte de varios de rematar. Houbo corriente a mazo e lios para dar e tomar, menos mal que só eran de fios e nadie chegou ás mans. Día de moito sofrimento na praia, pero xa sabemos o que pasa co noso mar, hai que estar ás duras e ás maduras. Victoria final para Juan Carlos do "CPD O Capote" e segundo posto para Juanma de "Rio Mandeo", ámbolos dous pelexarán no selectivo para viaxar mais lonxe. O terceiro clasificado foi Rafael Serrano de Ourense. Noraboa ós premiados.

Podedes ver todas as fotos do Campionato no seguinte link:http://www.flickr.com/photos/lmaquia/sets/72157608866813408/show/

No hay comentarios: