viernes, 1 de agosto de 2008

COMUNICADO DE PRENSA


Catro dias despois do verquido de 7 toneladas de alcatrán no río catasol de Melide, a Consellería de medio Ambiente, ainda non mandou o persoal especialido na retirada de residuos toxícos tal e como plantexou desde o primeiro momento a “Jefa Técnica do area de avaliación e intervención ambiental” que pese ó nome do seu cargo nin sequera leva unhas botas no maletero do seu vehiculo para facer por si mesma unha inspección do rio.
Ten que ser o persoal da empresa causante do verquido e mais os operarios do Concello de Melide, que sen apenas medios técnicos, nin material axeitado, entraron no rio a retirar o chapapote según a única orden da consellería de Medio Ambiente de retirar todo o sucio como sexa, e como sexa se esta a facer, e decir, de xeito improvisado e salvaxe.
Esta asociación, quere facer constancia dos esforzos que se fixeron por parte do concello de Melide para que a consellería de Medio Ambiente mande o persoal e medios axeitados para a limpeza do río que é completa e unicamente da sua competencia.
Queremos agradecer a súa colaboración os propietarios dos prados da ribeira do río que permitiron e soportaron o paso de maquinas de gran tonelaxe e ós voluntarios que se presentaron para colaborar na limpeza e que nada poideron facer porque non habia niguen da consellería de Medio Ambiente que os dirixira.
Especial agradecemento ós traballadores do concello de Melide e da empresa MANFOR SL, propietaria do camión causante do verquido, polo seu heroico traballo e entrega ó rio que NUNCA lles vai ser compensado.
A Consellería de Medio Ambiente ……… UN TIRON DE ORELLAS
Entendemos que da igual quen este no governo, o caso, é que a administración, gasta cartos en presentacións de tripticos, dvd, etc… para amosarnos como coidar da natureza, e a propia administración non dispón de ningún protocolo de actuación ante unha emerxencia.

Melide 31 de Xullo de 2008
Asdo. Xabier Pazo Blanco
Presidente da Asoc. Troiteiros “RIO FURELOS”

COMUNICADO DE ROLDA DE PRENSA

Con motivo do Verquido de alcatrán producido no rio catasol o pasado dia 28, a ASOCIACIÓN DE TROITEIROS “RIO FURELOS”, CONVOCA ROLDA DE PRENSA

LUGAR: SALA DE CONFERENCIAS
EDIFICIO MULTIUSOS (Antigo Instituto)
Praza das Universidades (Melide - A Coruña)
HORA: 12.00
DÍA: 02-Agosto-2008
Agradeceríamos confirmación de asistencia no tf. 696607348

Asdo. Xavier Pazo B
Presidente Asoc. Troiteiros “Rio Furelos”

No hay comentarios: