lunes, 11 de agosto de 2008

CAMPEONATO SOCIAL EMBARCACIÓN EMBARCACIÓN FONDEADA 2008

No día de onte tivo lugar o Campeonato social de embarcación fondeada do club. Dito campeonato era clasificatorio para o Provincial a celebrar o vinderio mes de setembro na costa de A Coruña. A competición desenrolouse no Chasula que como sempre constitúe un escenario único para a práctica do deporte, e tamén para a práctica do papeo de mexilón, do polbo e do albariño grazas ó excelente manexo do timón do barco e da cociña do noso querido patrón Isidro. Ainda que o día estivo perfecto para a pesca, non o estaban algúns dos corpos dos participantes, e por culpa diso a colleita de peixe foi sensiblemente inferior ó que se esperaba. Cabe destacar que se pescaron mais peixes que non contaban para a puntuación que dos que puntuaban dado que houbo unha xurelitis aguda por toda a ría.
A Clasificación final dos nosos representantes para o provincial foi a seguinte:

1º JOSÉ ANGEL PÉREZ ÁLVAREZ 11.630 puntos
2º JOSÉ DARÍO LIÑAYO ÁLVAREZ 5.230 puntos
3º NORBERTO VICENTE COLLAZO 4.530 puntos
4º JESÚS BAHAMONDE REY 4.450 puntos

No hay comentarios: