Nova edición do Open Presidente, coma non podia ser de outra maneira o noso Club participou cunha nutrida representación e fixeronse notar entre todolos participantes
Un detalle que se agradece neste Open e que os propios participantes participan de unha segunda solta de exemplares, e logo participan dunha interesante charla sobre os nosos salmónidos, impartida por unha persoa Carlos, coñecedor do tema e ameno coma solo él sabe. Grande fin de semana para a nosa xuventude, onde pequenos e maiores disfrutamos do noso deporte
ESTE BLOG ESTÁ FEITO POR PESCADORES, ISO SIGNIFICA QUE HAI QUE APLICAR O COEFICIENTE x [0.25] PARA SABER EXACTAMENTE CAL É A VERDADE DO QUE SE CONTA. UN SAUDO A TODOS OS QUE TEÑADES A BEN BOTARNOS UN VISTAZO.
domingo, 23 de septiembre de 2018
viernes, 24 de agosto de 2018
MEMORIAL RIPAMONTI
Un ano mais, participamos no Memorial Ripamonti, un dos primeiros xuices galegos e gran impulsor da pesca deportiva en Galicia. O noso Club, desplazou a 10 participantes que disfrutaron dunha gran xornada pesca.
Unha vez mais, a nosa canteira demostrou que saben pasalo ben, e sobretodo saben pescar.
Os absolutos que participaron, o mesmo día na Maratón por parellas organizada polos compañeiros da Peña O Rodaballo, non foron quen de emular aos nosos rapazes/rapazas, e so conseguiron clasificarse entre os vinte primeiros clasificados, eso si, derono todo.
Noraboa aos/as gañadores, e sobre todo a todolos participantes e organización, xa que sin eles non seria posible a celebración destas probas.

jueves, 19 de julio de 2018
RESUMEN
Despois dun tempo sen publicar, por temas de tempo principalmente, imos resumir un pouco o que levamos de tempada.
Comezamos tempada co podium logrado polo noso Jesús Bolaño, bronce nacional por equipos en Salmónidos Mosca Lago, merecido triunfo do noso representante.
A un desastroso primeiro Liga de Clubs Mar Costa, continuo unha gran actuación no Provincial Mar Costa,
onde conseguimos clasificar a catro dos cinco participantes do noso Club para o Autonómico, puxémonos as pilas. Gran actuación no Provincial de Salmónidos Mosca cun segundo posto alcanzado como non, polo noso Jesús Bolaño e un primeiro acadado por Francisco Mareque no Provincial de Embarcación Fondeada.
E comezamos coa nosa mocidade. Xa apuntaron maneiras no Memorial Rouco, copando as primeiras posicions en todalas categorias.

E xa metidos en materia, tamen fomos ao VI TERRA DE LEMOS
E claro, non podiamos faltar ao Autonómico Embarcación Fondeada Damas e Xuvenil
E ata aquí unha pequena posta ao día das participacións dos deportistas do noso Clube. Felicitar coma sempre a todolos participantes e unha felicitación especial aos gañadores.
miércoles, 7 de febrero de 2018
domingo, 5 de noviembre de 2017
AUTONOMICO DAMAS SELECTIVO HOMES MAR COSTA
Vimos de celebrar as últimas terceira e cuarta manga, definitivas para o interese de todolos deportistas participantes do Autonómico Damas Mar Costa 2017, especialmente a nosa representante Dna. Pilar Rey
e Selectivo Homes, representados por o noso D. Oscar Arosa
valederos ambos para acadar a clasificación para o Campionato Nacional Damas Mar Costa, Captura e solta, e o Nacional Homes Mar Costa, captura e solta , ademais no Selectivo Homes descenden os catro últimos clasificados.
Día que presentabase complicado no meteorolóxico, un vento do sur soplou os derradeiros días, que facian tener que oubera algazos no esceario elexido, pero , por enriba, no esceario alternativo a previsión falaba de ventos fortes do norte. Acordouse manter a praia de Langosteira coma xuíz d@s deportistas.
Un bonito día soleado mostrounos unha praia, que ainda que tiña algazo na area e en algunhas zoas, nos primeiros metros da agua, semellaba limpo.
Os primeiros lances confirmaron a eleción da praia, atopábase limpa para o disfrute do noso deporte,
e algunhas capturas comezaron a aparecer. Chepas, escachos, algunha boga comezaron a encher os cubos, ao final da primeria manga apareceron os cadelos, o final da primeira manga facianos pensar nunha entretida segunda manga, e os nosos compañeiros, loitadores incansables coma sempre, tiñan sorte dispar, un segundo de sector (4ª na xeral) no caso de Dna. Pilar acercaba mais a súa clasificación, mentras D. Oscar cun quinto de Sector (18 na xeral) facianos temer por él. Tiñamos que remontar.
Segunda manga de infarto, poucas capturas, as bogas aparecian moi soltas, alghún cabalón, unha raia, pero a conta gotas, as Damas loitaban pero poucas acadaban peixe, melgachos, alghun xurelo...tic tac o tempo ía correndo, os nervos na tona da pel.
O silbato finalizou a derradeira cuarta manga, e fumos ao pesaxe, a praia ditou sentenza.
Non poido ser, o noso compañeiro e, xunto con outros tres grandes pescadores, o primeiro clasificado do Autonómico Mar Costa 2018, non temos dúbida que o ano que ven volveran a estar arriba, nos postos que merecen. Noraboa aos tres clasificados, que xunto a D. Ignacio Granda representaran a Galicia no Nacional Mar Costa , captura e solta 2018. D. Pablo Camera, D. José Antonio Naveira e D. Manuel Ares, gran representación, seguro que deixaran a bandeira da nosa Comunidade no mais alto.
Pero ainda nos queda a nosa representante, presa dos nervos perante a cuarta manga, xogabase a súa clasificación.

E aí esta, a nosa Pili acadou a clasificación para defender os colores de Galicia no próximo Campionato Nacional Damas Mar Costa 2018, captura e solta.
Xunto coa xusta gañadora Dna. Rosa López , Dna. Julia Torres e Dna Zaida López, conformara a representación galega. Noraboa as catro, que xornada tras xornada veñen refrendando o seu saber facer .
Magoa a lesión da deportista Dna. Eva López, que impediulle demostrar, desta vez, a súa destreza nesta disciplina, os nosos mellores desexos dunha pronta recuperación
A noraboa a todolos participantes nestas duas probas, pola súa deportividade e gran ambiente xerado ao longo das catro mangas, a pesares que onte foi unha xornada de tensión polo que se xogaban, o comportamento, folga decilo, foi exemplar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)