Comezamos tempada co podium logrado polo noso Jesús Bolaño, bronce nacional por equipos en Salmónidos Mosca Lago, merecido triunfo do noso representante.
A un desastroso primeiro Liga de Clubs Mar Costa, continuo unha gran actuación no Provincial Mar Costa,
onde conseguimos clasificar a catro dos cinco participantes do noso Club para o Autonómico, puxémonos as pilas. Gran actuación no Provincial de Salmónidos Mosca cun segundo posto alcanzado como non, polo noso Jesús Bolaño e un primeiro acadado por Francisco Mareque no Provincial de Embarcación Fondeada.
E comezamos coa nosa mocidade. Xa apuntaron maneiras no Memorial Rouco, copando as primeiras posicions en todalas categorias.
E xa metidos en materia, tamen fomos ao VI TERRA DE LEMOS
E claro, non podiamos faltar ao Autonómico Embarcación Fondeada Damas e Xuvenil
E ata aquí unha pequena posta ao día das participacións dos deportistas do noso Clube. Felicitar coma sempre a todolos participantes e unha felicitación especial aos gañadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario