viernes, 31 de enero de 2014

SUSPENDIDO O 1º SOCIAL MAR-COSTA 2014

Debido ás adversas condicións meteorolóxicas pronosticadas para este fin de semana, suspéndese o Campionato social previsto para este vindeiro sábado na praia de Laxe. Próximamente comunicaremos a nova data na que terá lugar.

miércoles, 1 de enero de 2014

ORDEN de 16 de diciembre de 2013 por la que se establecen las normas de pesca en las aguas continentales de la Comunidad Autónoma de Galicia durante la temporada de 2014.

Acaba de sair publicada a ORDE de 16 de decembro de 2013 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2014. 
Podédela ver no apartado LEXISLACIÓN PESQUEIRA, ou no seguinte link

martes, 29 de octubre de 2013

O Club de Pesca do Barbanza no IX TROFEO DE PESCA AUGA DOCE SAN FROILÁN

O pasado 12 de outubro tivo lugar no Club fluvial do Miño de Lugo o IX TROFEO DE PESCA AUGA DOCE SAN  FROILÁN, organizado pola  sociedade A Venatoria de Lugo. Como non podía ser doutra maneira unha expedición do Club dirixiuse ata alí para tomar parte na competición. O resultado, como podedes ver nas fotos, e como sempre, excepcional.  









domingo, 27 de octubre de 2013

GERARDO OROL CASTRO CAMPIÓN GALEGO 2013 NA MODALIDADE DE MAR COSTA.

O Club está novamente de noraboa, onte tiña lugar na praia de Laxe o Campionato Autonómico na modalidade de mar-costa 2013. Estivemos representados neste campionato polos dous clasificados no provincial,  Gerardo Orol e David Barreiro os cales ían a defender os nosos intereses na praia. Ó remate da primeira manga os resultados eran alentadores, un segundo posto na xeral para Gerardo e un 14 para David, deixaban moitas esperanzas de cara á segunda manga. A segunda manga ainda foi mellor, pois Gerardo acadou un primerio posto na manga e David facíase co posto 11. O resultado final Gerardo 1º clasificado na xeral, convertíndose no Campión Galego na modalidade, e David acadaba un meritorio 13 posto na xeral.
Este novo título para Gerardo,  e para o  Club de pesca do Barbanza, non  fan mais que pechar un ano,  que ata o de agora na nosa pequena historia  poderiamolo calificar de excepcional por todo o que nel acadamos. Noraboa a todos.