martes, 11 de junio de 2019

I OPEN BARBANZA EMBARCACIÓN FONDEADA DÚOS


O pasado sábado 8 de Xuño levamos a cabo unha idea que nos roldaba, a celebración dun Open de Embarcación Fondeada Dúos.

Cunha boa participación, sen chegar ao tope de catorce embarcacións tivemos que axustar os premios tal e como se previña nas bases, pero coa maior ilusión afrontamos o noso Open. Un gran escaparate de premios, boa participación,boas condicións para unha primeira manga que permitiron  achegar as embarcacións ao cabo, previamente unha embarcación co xuíz da proba supervisou o escenario, desaconsellando saír da punta e buscando unha zona abrigada , a primeira norma sempre ten que ser a seguridade, o mar esta cheo de valentes, e máis  na costa dá  morte.


Espectacular esta primeira manga, pola cantidade, tamaño e variedade de capturas, 332 kg marcou esta manga, cunha longa pesada.


As condicións para a segunda manga , marea viva baixando, moito movemento de auga,  correntada, chamámoslle aquí, non repetir zona, xa que as condicións cambiaran, menos fondo,













fixeron que a Organización marcase outra zona máis abrigada, o que, dada a gran primeira manga foi mal recibida por parte dos participantes,e algún patrón, xente curtida,  henchidos polas capturas da primeira manga. O cal lamentamos, pero a Organización ten unha gran responsabilidade, tanto no aspecto que sempre ten que primar, a seguridade, como velar polo confort dos participantes, quen organizase algún evento saben do que falamos,  e as condicións desaconsellaban a valentía, a pesar das peticións de quen , coa mellor vontade, solicitaban unha zona máis  desabrigada para realizar a segunda manga.



Máis discreta foi esta segunda manga, con numerosas capturas, pero de talla máis discreta que arroxaron na báscula 142980  grs, con pesadas axustadas, con excepcións de catorce e once quilos, como maiores pesadas, asinaron o triunfo do dúo asturiano formado por José Luis Roza e Agustín Rodríguez, empatados a puntos con Alberto Abilleira e Daniel Fernández, segundos clasificados e co terceiro dúo Ivan Iglesias e Johan  Sanluis.

















Desde o Club de Pesca  do Barbanza, Sea  Monster, Asociación de Empresarios do Sector Turístico de Finisterre e  Micebo, queremos felicitar aos gañadores e felicitar a todos os participantes polo seu gran comportamento deportivo.







No hay comentarios: