domingo, 12 de marzo de 2017

LIGA DE CLUBES MAR COSTA 2017


Campionato Liga de Clubs Mar Costa na praia de Langosteira, tras uns días de bo tempo, que animaban a pensar nunha gran xornada de pesca, cambio o tempo, os chubascos acompañáronnos no noso desprazamento ao lugar da proba, remitindo aos poucos, a temperatura baixou, pero non tanto como anunciaban as previsións. 
O mar bonito, un pouco claro, se deixou notar o vento do norte, tralo sorteo de postos dirixímonos aos nosos rings, mirada ao mar que nos tocaba e decidimos baixos e estratexia, prevíase unha manga dura e así foi, primeira manga traballada para conseguir o noso obxectivo. Tralo pesaje, alcanzamos o segundo posto, había que botar o resto na segunda manga. E botámolo, pero non acompañaron as captúras, tras un comezo prometedor, dous laces dous capturas, e logo a pelexar, grazas que era por equipos, gran actuación de Oscar Arosa, que malia non estar ao 100 % foi o mellor do equipo, con David, grande como sempre, que soubo sobrepoñerse aos problemas que pasan na praia e aínda así pescou ben, Samuel preocupado, pero loitador como sempre, vai dar que falar o noso compañeiro, tempo ao tempo, Pernas peleón, inténtou todo pero non obtivo a resposta esperada.
Clasificación traballada e gran traballo de equipo, José Dopazo no seu posto de Control sufrindo por nós, e Pili , a Gran Capitá, incansable todo o día, poñéndonos as pilas cada vez que pasaba polos nosos postos. Grazas ao labor desenvolvido por todos.
Felicitar aos ganadores , o Club O Capote, aos segundos clasificados Peixe Espeso, que cunha gran actuación alzáronse á segunda posición e ao resto de participantes, grandes deportistas todos, aos controis que desenvolven unha inestimable labor e á Federación Galega de Pesca pola organización.

1º Clasificado
2º Clasificado
3º Clasificado

No hay comentarios: