martes, 8 de marzo de 2016

XORNADA DE LIMPEZA DO RIO BALEIRON, CLUB DE PESCA DEPORTIVA LONDRA

Onte, sábado 27 de Febreiro de 2016, celebrouse en Rois a segunda xornada de limpeza dos ríos, que ano tras ano organiza o Club de Pesca Deportiva Londra. Neste caso foi o turno do río Baleirón, pertencente o couto de pesca de Rois. Nun sábado no que realmente facía moito frío, chovía e no que evidentemente non faltaron nin os traxes de augas nin as botas de goma, as ansias dos socios de Londra e colaboradores alleos ó Club, fixeron que fose posible a xornada de limpeza. Reunidos na Ponte de Basa, en Rois, ás 16:00 horas, repartíronse por parellas en diferentes tramos do río, e armados con bolsas de basura, nunha xornada de dúas horas recolleron 110 kg de basura, na súa maioría plásticos e latas. Logo desta dura xornada, como é habitual, todos aqueles que participaron foron convidados por xentileza do Club de pesca Londra a unha pequena merenda.
Este ano como novidade o Club tamén está a preparar unha xornada de limpeza para o mes de Setembro, en principio está pensada para o día 10 de Setembro. O gallo desta xornada será recoller lixo do fondo do cauce, pois polo de agora, só se puideron recoller das marxes por mor da forza da auga.
Dende o Club de pesca deportiva Londra agradécese a colaboración de todos os participantes das xornadas de limpeza nos ríos de Rois.







No hay comentarios: