viernes, 10 de julio de 2015

X EDICIÓN LECER E PESCA 2015

X EDICIÓN LECER E PESCA 2015
O pasado día sábado 4 de Xullo, celebrouse a X Edición de Lecer e Pesca 2015, organizada polo Club De Pesca Deportiva Londra na Praia fluvial de Seira no concello de Rois.
A tarde estivo marcada polo carácter festivo deste evento, pois con estas xornadas o que pretendemos dende o Club Londra é que os cativos e cativas, comencen a dar os primeiros lances na pesca. Pensemos pois que estes nenos e nenas serán os pescadores de un futuro cercano.
A participación un ano mais, e xa van dez, foi coma sempre numerosa, contando con Clubes como o Barbanza e Val de Lemos, ós cales lles agradecemos a súa participación neste evento.
A tarde non só foi pescar, tivemos actuacións de contacontos, música, taller de montaxe de moscas por xentileza de Rafael De La Iglesia e por suposto unha gran merenda, con refrescos e máis xiados, tanto para os nenos coma para os máis maiores que os acompañaron. Rematando así, cunha entrega de premios para todos os participantes da proba.
Este mesmo sábado, celebrouse o Campeonato Xuveníl Oficioso no Coto de Rois quedando en primeiro lugar Raúl Pérez Prieto; en segundo, Jesús Canicoba Aboy ; en terceiro, Carlota Guimarey Pérez e en cuarto lugar Jorge Soto Rozas. E o premio a peza maior foi para Raúl Pérez Prieto.
Dende a directiva do Club De Pesca Deportiva Londra agradecemos a todos os estamentos públicos, ós participantes e colaboradores a axuda prestada para poder realizar este día de festa. Aproveitamos para invitarvos para o ano que vén que xa serán a XI Festa de Lecer e Pesca.

Un saúdo, a directiva.







No hay comentarios: