viernes, 24 de mayo de 2013

RESUMO DOS RESULTADOS DO CLUB DE PESCA DO BARBANZA NO MES DE MAIO

 Durante o mes de maio que está a punto de rematar, o Club estivo presente en tres competicións oficiais. Por un lado o 6 de maio, catro dos nosos compañeiros participaban no Provincial de mar-costa que tivo lugar na praia de Langosteira. O resultado final foi de dous clasificados para o vindeiro Campionato Autonómico, Gerardo Orol que acadou a cuarta posición e David Barreiro que obtivo o posto 12.
Santi Vieito con un posto 22 e Oscar Arosa con un posto 24 foron os outros participantes.

  
Outra das competicións na que estivemos presentes foi o día 12 en A Coruña no Selectivo de Embarcación Fondeada, onde o noso compañeiro José Ángel Pérez Álvarez pelexaba por clasificarse para o Campionato de España e para manterse na Selección Galega. Non foi un bo día, xa que na primeira manga a posición que ocupaba na clasifiación era a última. Pero despois dunha espectacular remontada na segunda manga logrou evitar as prazas de descenso e manterse no Selectivo.

Por último, outros dous compañeiros participaban no Provincial de Salmónidos Mosca que tivo lugar no couto de Aranga no río Mandeo o pasado día 19. Jesús Bolaño con un oitavo posto logrou a clasificación para o vindeiro Campionato Autonómico. 

 
A todos eles a nosa noraboa e desexarlles sorte para as vindeiras competicións.

No hay comentarios: