martes, 25 de septiembre de 2012

O Club de Pesca do Barbanza campión en todas as categorías no V Open Black Bass Galicia 2012 na modalidade dende orilla

O pasado domingo 23 tivo lugar o V Open de Black Bass nos encoros de Frieira e Castrelo. O tempo non axudou, dado que un vento levado dos demos e unha cantidade de auga similar á que tivo que soportar Noé, fixeron que mais que un día de pesca, tivesemos un día para loitar contra os elementos, e non falo precisamente dos bases. Todo iso non ía amedentrarnos, e unha vez mais o noso Club cumpriu as expectativas acadando o primeiro posto en todas as categorías. Na absoluta o campión foi Jesús Bolaño García e na categoría infantil o gañador foi Daniel Rey García. Ademais disto Jesús Bahamonde Rey foi o gañador do premio á peza maior.








No hay comentarios: