martes, 10 de julio de 2012

VIII Edición de LECER E PESCA en Rois 7 – 07 – 2012





      O pasado sábado ven de celebrarse a VIII Edición de LECER E PESCA que organiza o Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois. Como en edicións anteriores a Praia fluvial de Seira, ateigada de rapaces e acompañantes, convrteuse no esceario ideal para que nenos e maiores disfrutaran dunha tarde de lecer e pesca, xa que as duas cousas estaban garantidas de antemán no programa do evento.
      Inscribironse un total de oitenta rapaces de todas as idades que ian dende os tres anos ata os 17, idade esta última límite para poder participar, cubrindo estas prazas en apenas unha semana despois de abrirse a inscripción. Estiveron representados en Rois Clubes de todo Galicia, dende Lugo visitounos a Sociedade Val de Lemos, de Monforte, dende Pontevedra estiveron O Clube O Isco de O Grove, e o Nautico de Bouzas de Vigo, dende Ourense a Sociedade A.D.N. Ribadavia, sendo da provincia da Coruña os máis numerosos, Pesca Barbanza de Noia, W. Latorre de Padrón, Caza e Pesca de Padrón e o propio Clube LONDRA de Rois, así como pescadores de toda a comarca do Sar.
     O extenso programa comenzaba as catro da tarde, extendendose ata pasadas as nove da noite, dando comenzo coa promoción da pesca deportiva na Praia fluvial de Seira para os máis cativos, a mesma hora daba tamén comenzo o campeonato de categoría xuvenil federados, nos ríos que abarca o Couto de pesca de Rois, o río Valeirón e o Rois, extendendose esto hasta as seis da tarde, donde logo de rematar, sigueulle a demostración de pesca con cola de rata, realizado por dous membros da Selección Galega de Pesca a Mosca Xuvenil recen chegados do Pais Vasco, de donde viñan de participar no Campeonato de España, Raúl Pérez Prieto e Martín Seco Velo. Entre tanto repartiase a merenda entre todos os participantes e asistentes que a súa vez podían disfrutar das exposicións nos stands de montaxe de moscas e culleriñas, realizadas por Rafael de La Iglesia, Cucharillas Edu e Cucharillas Sar respectivamente, amenizado todo esto por unha dicoteca móvil. Despois de disfrutar de esta merenda campestre, poidemos deleitarnos coa actuación de Roi “O caga bolas”, un dos mellores malabaristas, con mazas, diábolo, bolas e ata fouces, nun espectáculo que uneu os malabares coa máxia e o humor, facendo as delicias de grandes e pequenos. De seguido pasouse a entrega de trofeos os gañadores na categoría xuvenil e a todos os infantiles por parte das autoridades presentes, tendo por norma dende a súa primeira edición, que de LECER E PESCA, ningún neno marche sin premios e regalos, estes últimos donados polas casas comerciales que se sortearon entre todos os participantes, acto que puxo o peche a esta VIII Edición de Lecer e Pesca.
      A clasificación do campeonato xuvenil foi a que sigue:
  1º- Jonathan Argibay Juncal, do Clube O ISCO de O Grove.
 2º- Angel Iglesias Quintáns, do Clube LONDRA de Rois
 3º- Damián Otero Rodríguez, do Clube LONDRA de Rois.
 4º- Raúl Pérez Prieto, da Sociedade VAL DE LEMOS de Monforte.
 5º- Martín Seco Velo, do Club LONDRA de Rois.
 6º- Carlota Guimarey Pérez, do Clube LONDRA de Rois.
Capturando nesta categoría un total de doce troitas.
       Dende o Club de Pesca Deportiva LONDRA, queremos agradecer a Consellería de Medio Ambiente a sua colaboración, que sin ela sería imposible a celebración de esta xornada, a presencia das autoridades municipais, encabezadas polo Sr. Alcalde de Rois, D. Ramón Tojo e o Concellal de Medio Ambiente D. Manuel Cobas, o Socio de Honra do Club LONDRA, D. José García García, o Vicepresidente da Federación Galega de Pesca D. José Manuel Rey Alvela, ós representantes de Cuharillas Edu e Cucharillas Sar, así como a D. Rafael de La Iglesia, montador de moscas para a pesca. Tamén agradecer a colaboración de todas as casas comerciais que nos donaron material de pesca para sortear e regalar entre todos os participantes, así como a todos os medios de comunicación e páxinas web que difunden as nosas actividades e en especial este evento.

No hay comentarios: