lunes, 17 de octubre de 2011

Exito do Club de Pesca do Barbanza no V Trofeo Festas do Rosario














O pasado domingo 16 de Octubre celebrouse na costa Coruñesa o 5º Trofeo de Mar- Costa Festas do Rosario organizado polo Club Salmo en colaboración co Concello de A Coruña,
Mais de 70 deportistas déronse cita nas instalacións do Club Salmo, para participar nesta nova edición dun concurso que atrae a pescadores de toda Galicia.
A competición desenrolouse dende San Amaro ó Portiño, con un día espléndido e gran cantidade de capturas, as cales foron doadas a unha entidad benéfica. O campeón foi o deportista do Club Salmo Agustín Martínez, na segunda posición, situouse o membro do noso Club Andrés Romero Vázquez e na terceira posición situouse o tamén deportista de Salmo Alberto Abilleira. Cabe destacar a 10ª posición doutro membro do Club, José Manuel Rey.
Á pesaxe, entrega de premios e lunch que tivo lugar nas instalacións do club del Mar de San Amaro, asistiron o Asesor de Deportes Miguel García, que entregou o premio ó gañador da proba, e o Presidente da Federación Galega de Pesca.
Obtiveron premio os dez primeros clasificados e a peza maior, un pinto de 2,910 kg. capturado por Agustín Martinez.


No hay comentarios: