martes, 20 de julio de 2010

ÉXITO DE PARTICIPANTES E CAPTURAS NO XXXVI CONCURSO SOCIAL DO ESCALO.


As altas temperaturas do domingo axudaron a que os pescadores aproveitaran ata o último minuto para pescar. Un toal de 77 Kilos de peixe foron retirados do río polos 43 deportistas.YAGO LEIS CHAO foi o gañador absoluto con 8 kilos de peixe.
Organizado pola Sociedade de Caza e Pesca A Venatoria de Santiago, e con motivo das Festa do Apostolo Santiago, o pasado domingo 18 celebrábase no Couto de Pesca de Chaian/Rio Tambre o XXXVI CONCURSO SOCIAL DE PESCA DE CIPRINIDOS coñecido popularmente como FESTA DO ESCALO.
Os concellos de Santiago e Trazo uníronse con motivo da pesca no Acoutado de Chaian e a Festa do Escalo e á cita acudiron 43 pescadores repartidos nas categorias de SENIOR, DONAS XUVENIS E INFANTIS. A clasificación final dou como gañadores nas diferentes categorias a:

EQUIPO GANADOR - CHAPISTERIA FERRO do Concello de Trazo
2ºClasificado - TALLERES MOSTEIRO B
3ºClasificado - TALLERES MOSTEIRO A

PRIMEIRA DONA CLASIFICADA - JESUSA CASTRO ABRUñEIRAS
seguida de DOLORES CHAO GARCIA

EN CATEGORIA XUVENIL A GAÑADORA FOI MARIA CURROS ALVAREZ

CATEGORIA INFANTIL
1ª MARTA GIL PARAMOS
2ª MARIA REY GARCIA
3º DANIEL REY GARCIA

Venatoria de Santiago

No hay comentarios: