miércoles, 9 de junio de 2010

PESCA E CEIBA "RIO FURELOS"


Adxuntamos cartel da nosa próxima actividade PESCA E CEIBA, modalidade de captura e solta que se realizara no couto do río Furelos o vindeiro dia 12 de xuño dende as 9,00 horas ate as 13:30 horas. Anzóns sen morte (sen arponcillo), culleriñas cun só anzó. Despois de realizada a xornada matutina e de compartir un xantar entre os participantes na praia fluvial do río Furelos, polo serán realizaremos unha saída de río (pasearemos polas beiras do Furelos para analizar o estado do río, sacaremos fotos, miraremos e analizaremos a flora, fauna e compartiremos unhas horas en plena natureza dentro da campaña de concienciación ambiental baixo o lema "Os ríos son o ouro de Galicia, non os utilices como medio de transporte de lixo".

Presidente Asoc. de Troiteiros "Río Furelos".
Xavier Pazo Blanco
Tel. 696607348
www.riofurelos.es

No hay comentarios: