lunes, 8 de febrero de 2010

VII XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE RESIDUOS NOS RÍOS DE ROIS

O Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois comenzou as súas actividades da tempada 2010coas VII Xornadas de limpeza e retirada de residuos dos ríos de Rois. Por séptimo ano consecutivo os Socios de Londra coa colaboración dunha representación do Club W.Latorre de Padrón e a empresa Destilerias Compostela, reuníronse para esta primeira cita das xornadas de limpeza que adicaron o tramo do río Rois comprendido dentro do couto de Rois que xestiona o Club Londra. Durante dúas horas e media e repartidos por parellas, dedicáronse a sacar toda clase de refugallos dos marxes do río Rois, maioritariamente plásticos dado que as enchentes deste inverno arrastraron todo tipo de residuos nos que cabe destacar unha televisión e un conxelador, estes últimos máis difíciles de arrastrar hacia o río polas choivas, polo que se supón foron depositados nas súas marxes ou cauce por algúns desaprensivos que en vez de depositalos no punto limpio se adican a verter o que lle ven en gana no cauce do río.
Retiráronse sobre trescentos quilos de refugallos o que supón unha cantidade parecida a do ano anterior, pero tamén valorando que este ano as enchentes arrastraron moito lixo hacia o cauce do Rois, polo que si non hubese enchentes, non haberia tanto lixo no río.
O mellor da xornada é que os participantes puderon comprobar a boa saúde do couto de Rois, que mostra unha imaxe preciosa nesta época do ano e no que se puderon ver abundantes troitas e de moi bo porte, polo que se espera un bo comenzo de tempada. Tamén o Club Londra agradece a colaboración e o compañerismo do Club W. Latorre de Padrón e de Destilerias Compostela que participaron activamente nesta primeira cita.
Despediron esta primeira cita no bar O' Pemento de Seira degustando uns pinchos ofrecidos polo Club Londra.
A próxima cita será o vindeiro sábado día 20 no que se abordará o cauce e marxes do río Valeirón ou Liñares.

No hay comentarios: