
ESTE BLOG ESTÁ FEITO POR PESCADORES, ISO SIGNIFICA QUE HAI QUE APLICAR O COEFICIENTE x [0.25] PARA SABER EXACTAMENTE CAL É A VERDADE DO QUE SE CONTA. UN SAUDO A TODOS OS QUE TEÑADES A BEN BOTARNOS UN VISTAZO.
O Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois comenzou as súas actividades da tempada 2010coas VII Xornadas de limpeza e retirada de residuos dos ríos de Rois. Por séptimo ano consecutivo os Socios de Londra coa colaboración dunha representación do Club W.Latorre de Padrón e a empresa Destilerias Compostela, reuníronse para esta primeira cita das xornadas de limpeza que adicaron o tramo do río Rois comprendido dentro do couto de Rois que xestiona o Club Londra. Durante dúas horas e media e repartidos por parellas, dedicáronse a sacar toda clase de refugallos dos marxes do río Rois, maioritariamente plásticos dado que as enchentes deste inverno arrastraron todo tipo de residuos nos que cabe destacar unha televisión e un conxelador, estes últimos máis difíciles de arrastrar hacia o río polas choivas, polo que se supón foron depositados nas súas marxes ou cauce por algúns desaprensivos que en vez de depositalos no punto limpio se adican a verter o que lle ven en gana no cauce do río.