miércoles, 23 de septiembre de 2009

SEGUIMOS EVOLUCIONANDO


Si somentes analizamos a foto, non o parece. Pero centrémonos no tema pesqueril. O noso Club está de noraboa, xa que o noso compañeiro JOSÉ ANGEL PÉREZ ÁLVAREZ acaba de clasificarse para o selectivo na modalidade de Embarcación fondeada despois de acadar a segunda praza no Campionato provincial celebrado en Ribeira o pasado 13 de agosto e acadar un mais que meritorio quinto posto no Campionato Autonómico celebrado o pasado domingo 20 de agosto. Dende o clube dámoslle a noraboa e desexamos que siga acadando éxitos que serán os seus e os nosos.
Seguimos evolucionando.

No hay comentarios: