sábado, 21 de octubre de 2017

NORABOA MUNDIALISTAS


Os nosos compañeiros D. Oscar Beceiro Sedes e D. Ignacio Granda Bret, da Sociedad de Pesca RIOMAR 2008, veñen de ser seleccionados para representar a España no Mundial Dúos Mar Costa a celebrar no mes de Abril do 2018 . Recoñecemento a unha gran traxectoria , tanto deportiva como persoal. Elección que saúdamos con alegria. Os nosos compañeiros unense así a lista de grandes deportistas galegos que nos representan nos distintos Mundiales en cadaunha das suas especialidades.
 E , agora, a escalar postos no Campionato Nacional Dúos que estase a celebrar en augas murcianas.

NORABOA MUNDIALISTAS¡¡¡¡¡

jueves, 12 de octubre de 2017

OPEN AUGA DOCE XUVENTUDE

Unha fria mañá foi o que atopamos en Lugo, no Club Fluvial, nun non parar da nosa xuventude estabamos nunha nova Competición. Corenta deportistas acudiron a este Open. Noraboa a tódolos participantes, que nun xenial ambiente loitaron por conseguir un posto no Podium, onde o conseguiron, seguro, todol@s participantes foi no noso deporte.
Catro categorias, Damas, Xuvenil,  Infantil, Benxamin e medallas e trofeos para tódolos participantes.






Dende aquí queremos agradecer a Venatora de Lugo, Concello de Lugo e Federación Galega de Pesca e Casting a realización deste Campionato, que ademais de poñer en valor o noso deporte, fai posible presentar alternativas sanas a nosa xuventude

AUTONÓMICO DAMAS E SELECTIVO HOMES

Xornada veraniega a que disfrutamos o pasado sábado, celebrouse a primeira e segunda manga do Autonómico Damas e tamén a primeira e segunda manga do Selectivo Homes


A nosa representante , Pilar, fixo unha boa primeira manga, pero non foi quen de certificala, a pesar de todolos seus intentos, unha segunda manga na que non atopou todolos peixes que lle gustaria, pero un quinto posto na Clasificación provisional fai que as canas esten en alto, a terceira e cuarta definitivas mangas seguro que lle fan xustiza a esta, nosa deportista

O noso compañeiro Oscar Arosa, fixo o contrario, despois dunha mala primeira manga, logrou un primeiro de sector na segunda, acadando un meritorio quinceavo posto na provisional


Vamos compañeiros, a rematala faena

SPINNING ENCORO XUVENTUDE

Mentras o noso Oscar e Pili loitaban por conseguir unha plaza para o Campionato de España, cada un na súa categoria, unha parte dos nos@s representantes mais xóvenes batianse o cobre noutra modalidade,  Spinning Encoro Xuventude





E como non voltaron poñer ao noso Clube no alto da Clasificación.

miércoles, 4 de octubre de 2017