lunes, 16 de febrero de 2009

SELECTIVO MAR-COSTA DAMAS-HOMES 2009









Os pasados días 13 e 14 de febreiro tivo lugar na praia de Lago, no concello lugués de Xove, o Selectivo Mar-Costa de Damas e Homes, o cal tivo o seguinte resultado:



















Para que saibades que o Clube de Pesca do Barbanza estivo alí, poño un par de fotos, ainda que o escenario de pesca (tal e como podedes ver non é o ideal), dou fé de que se fixo todo o humana e inhumanamente posible para trincar un peixe.
Hai que recoñecerlle á nosa compañeira do Club Pili Rey o mérito polo esforzo que supuxo pasar a competición pelexando como o fixo ela co vento de cara e un frio que che tiraba as pelot.. ó chan. Eu mesmo non creo que aguantara sin chamar a miña nai.
















Ben, agora poño outra foto para que se vexa que houbo competición














e outra para que se vexa que se pillaron peixes

ACTIVIDADES EN EL CENTRO COMERCIAL COMPOSTELA (HIPERCOR)





II Xornada de limpeza dos ríos de Rois


O pasado sábado 14 de febreiro, os Socios do Club LONDRA de Rois, afrontaron a II Xornada de limpeza dos ríos de Rois nesta tempada. Neste caso tocoulle ó río Valeirón, un río que presenta unha imaxe típica da paisaxe galega, coa maioria dos seus muiños restaurados e amosando o seu pleno esplendor nesta época do ano.
Os Socios de LONDRA retiraron toda clase de refugallos esparcidos no leito e contorno deste río, notándose de ano en ano que vai a menos o lixo que se retira. Durante dúas horas e por parellas, deron retirado uns 4oo kilos de lixo, de non ser por unha roda de tractor e unha bañeira de baño, non se acadarían os 400 kilos de lixo retirado, pois nesta zona o traballo agrícola e o coidado dos prados que ten o Valeirón nas súas marxes, favorecen o traballo de limpeza dado que os propietarios manteñen perfectamente acondicionadas as marxes do río.
Con respecto á retirada dos dous obxetos máis voluminosos que se encontraron no río (unha bañeira de baño e unha roda de tractor), recordálle o Club LONDRA aos irresponsables que deixaron esto no río, que existen puntos limpios onde recollen esta clase de residuos, pois o dano que se fai é bastante, tanto a natureza como os que ano tras ano adican dúas xornadas a limpar os ríos de Rois, pois o peso de ditos obxetos, ten unha complicada retirada do leito do río.
O Club LONDRA agradece a súa colaboración a todos os que participaron nestas xornadas de limpeza, deixando o Couto de Rois preparado para a intensa tempada chea de eventos deportivos que se disputarán neste couto e para o comenzo da tempada de pesca que será o vindeiro 15 de Marzo.