domingo, 13 de octubre de 2019

XV OPEN AUTONOMICO TROFEO SAN FROILAN

Boa acollida da nova edición do XV Open Autonómico Trofeo San Froilan, este é un Open adicado aos rapaces, e estos non faltaron a cita cos peixes, na modalidade de Auga Doce


Os deportistas disfrutaron dunha espléndida xornada, tanto polo tempo como polas capturas, disfrutando do noso deporte





























 Queremos dar as grazas a todolos participantes, e coma non os organizadores, o Clube A Venatoria de Lugo, que ano tras ano, fan posibel a realización deste evento en prol da pesca xuvenil

domingo, 18 de agosto de 2019

XXII CAMPIONATO DE PESCA CIDADE DA CORUÑA VII MEMORIAL RIPAMONTI

O sábado 17 celebrouse unha nova edición do Campionato de Pesca Cidade dá Coruña Memorial Ripamonti, levado a cabo pola APD ROBALO, neste verán, meterolóxicanente, variable, 42 deportistas deronse cita nun esceario, que presentaba unha boa marea, ainda que o vento do sur non favorecia aos deportistas, dando na faciana, ademais de ser un vento que, nesta zona, non favorece a entrada do peixe.

Pero ainda así os mais xóvenes si a deron, presentando pezas de mérito, que unha vez pasaban pola báscula, voltaban ao mar en perfectas condicions. Noraboa aos/as deportistas polo seu comportamento, aos/as Campions, cadansua categoria, Infantil, Xuvenil e Benxamin, e a APD ROBALO, que ano tras ano fai posibel esta competición , esperada con ansia polos xóvenes deportistas.