ESTE BLOG ESTÁ FEITO POR PESCADORES, ISO SIGNIFICA QUE HAI QUE APLICAR O COEFICIENTE x [0.25] PARA SABER EXACTAMENTE CAL É A VERDADE DO QUE SE CONTA. UN SAUDO A TODOS OS QUE TEÑADES A BEN BOTARNOS UN VISTAZO.
lunes, 16 de febrero de 2009
SELECTIVO MAR-COSTA DAMAS-HOMES 2009
Os pasados días 13 e 14 de febreiro tivo lugar na praia de Lago, no concello lugués de Xove, o Selectivo Mar-Costa de Damas e Homes, o cal tivo o seguinte resultado:
Para que saibades que o Clube de Pesca do Barbanza estivo alí, poño un par de fotos, ainda que o escenario de pesca (tal e como podedes ver non é o ideal), dou fé de que se fixo todo o humana e inhumanamente posible para trincar un peixe.
Hai que recoñecerlle á nosa compañeira do Club Pili Rey o mérito polo esforzo que supuxo pasar a competición pelexando como o fixo ela co vento de cara e un frio que che tiraba as pelot.. ó chan. Eu mesmo non creo que aguantara sin chamar a miña nai.
Ben, agora poño outra foto para que se vexa que houbo competición
e outra para que se vexa que se pillaron peixes
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario