lunes, 2 de febrero de 2009

A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PESCA CONDECORA COA INSIGNIA DE OURO E O DIPLOMA ACREDITATIVO A DOUS DEPORTISTAS GALEGOS


O pasado domingo, día 25 de xaneiro, na gala da Federación Española de Pesca e Cásting, os deportistas Galegos David Arcay Fernández e Antonio González Agra foron galardoados coa insignia de ouro e o diploma acreditativo. Este galardón é un recoñecemento á medalla de bronce obtida no Campionato do Mundo de pesca de Salmónidos mosca Xuventude celebrado o pasado ano en Portugal.
A entrega de dita insignia foi feita polo novo presidente do Comité de Competicións de Salmónidos da Federación Española de Pesca, Norberto Royo. Á gala asistiron todas as Federacións Autonómicas de pesca e tamén os demais galardoados do evento.
O ano 2008 foi un ano moi bo para os nosos deportistas David e Antonio posto que tamén conseguiron proclamarse campións de España por equipos e no caso de David campión de España individual. Por este logro e por todos os obtidos na traxectoria xuvenil os nosos pescadores tamén recibiron unha distinción da Federación Galega, no mes de novembro do pasado ano.
A David e Antonio espéralles un duro 2009 no que deberán demostrar a súa valía na categoría absoluta de Salmónidos Mosca para seguir conseguindo éxitos para o Deporte Galego.

No hay comentarios: