ESTE BLOG ESTÁ FEITO POR PESCADORES, ISO SIGNIFICA QUE HAI QUE APLICAR O COEFICIENTE x [0.25] PARA SABER EXACTAMENTE CAL É A VERDADE DO QUE SE CONTA. UN SAUDO A TODOS OS QUE TEÑADES A BEN BOTARNOS UN VISTAZO.
martes, 3 de febrero de 2009
INTENSA TEMPADA 2009 NO COUTO DE ROIS. CLUB LONDRA.
Na asamblea celebrada o pasado sábado, aprobáronse entre outras cousas o calendario de actividades para esta tempada. Por sexto ano consecutivo comenzaremos polas actividades medio ambientais, a limpeza do río Rois será o próximo sábado 7 de febreiro, concentrándonos todos os participantes na praia fluvial de Seira entre ás 15:30 e as 16 horas, dende donde se partirá para recoller os residuos esparcidos polas marxes e contornos do río. A próxima cita será o 14 do presente mes, na que nos xuntaremos de novo para afrontar a limpeza e recollida de lixo no río Valeirón, concentrándonos no Bar Liñares á mesma hora que na anterior cita. Para esta actividade o Clube Londra fai un chamamento a todos os que nos queiran votar unha man nesta actividade que non soio interesa os pescadores, sinon que é unha labor da que nos imos a beneficiar todos, pescadores e veciños.Dentro das actividades medio ambientais tamén se inclúen a limpeza e creación de sendas para os pescadores e para todos os que se queiran achegar a estes fermosos paraxes, incluidos en algún tramo na Rede Natura e cos muíños recén restaurados, labor que levou a cabo o Concello, dándolle unha imaxe inigüalable, así como a colocación de señais indicativas do couto de pesca e as súas delimitacións e tramos vedados.Será nas actividades deportivas donde o couto de Rois se vista de gala esta tempada, pois dous grandes eventos deportivos se disputarán nas súas augas, o día 10 de maio e ca organización da Federación Galega de Pesca, disputarase o Campeonato Galego de Salmónidos Lance, que acollerá ós 24 mellores pescadores de Galicia nesta modalidade, dentro dos que se encontra clasificado un pescador de Londra, José Rabuñal Caamiña, que pescando na casa intentará facerse con un posto na selección Galega para afrontar o Campeonato de España.Pero non se queda ahí a cousa, os días 4, 5 e 6 de Setembro celebrarase no Couto de Rois o VII Open de España de Salmónidos, Trofeo Presidente da Xunta de Galicia, nas categorías de Benxamín, Infantil e Xuvenil, na que participarán a Selección Galega Xuvenil de Salmónidos Mosca, actualmente campeóns de España e terceiros do Mundo.A parte de estos dous eventos máis ou menos mediáticos, tamén o Clube Londra desenvolverá as actividades que cada ano se celebran no Couto de Rois, como son o VI Campeonato de pesca Concello de Rois,o 10 de Abril, Lecer e Pesca o 4 de Xullo, 2º Campeonato de pesca a Mosca Santiaguiño do Monte,o 18 de Xullo, colaborando co Club de Pesca Latorre e se celebrará o II Selectivo Social de Pesca a Mosca. Durante a tempada participará o Clube Londra nos diversos campeonatos que se celebran por toda a Autonomía Galega onde xa se fixo un oco e se lle recoñece a súa labor.Ó longo da tempada levarase a cabo un curso de iniciación, lance e perfeccionamento na pesca con cola de rata, que impartirá o esperimentado mestre e Socio de Londra, Rafael De La Iglesia.Rematada a tempada de Pesca está prevista a celebración en Rois das II Xornadas de Pesca, organizadas polo grupo Miguelpesca e o xornal de pesca deportiva Trueiro, que achegarán a Rois ós mellores ponentes e cientificos no arte da pesca e o medio ambiente, complementandose esto con actividades paralelas de montaxe de moscas, cucharillas e unha exposición de material e artes de pesca.Tamén como novedade, rematada toda a actividade pescantil, o clube Londra, celebrará a I Gala do Club de Pesca Deportiva LONDRA, na que aparte de xuntarnos todos para pasar unha agradable velada, entregaráselle unha distinción o pescador do Clube máis laureado durante toda a tempada e recoñecerase da mesma forma o apoio que nos brindan empresas e medios de comunicación. Saúdos, Toño Gestoso.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario