ESTE BLOG ESTÁ FEITO POR PESCADORES, ISO SIGNIFICA QUE HAI QUE APLICAR O COEFICIENTE x [0.25] PARA SABER EXACTAMENTE CAL É A VERDADE DO QUE SE CONTA. UN SAUDO A TODOS OS QUE TEÑADES A BEN BOTARNOS UN VISTAZO.
lunes, 9 de febrero de 2009
I CAMPIONATO DE PESCA “CABO VILAN”
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS
E DE PROMOCION TURÍSTICA
DE CAMARIÑAS
CAMARIÑAS . BASES DO I CAMPIONATO DE PESCA “CABO VILAN”
Para poder participar os pescadores contarán coa correspondente licencia de pesca e coa licencia federativa, de non contar con ela, esta será facilitada pola organización, a que se lle deben de facilitar os datos personais unha semana antes da proba, por mor de tramitar o seguro correspondente.
ESCENARIO: O escenario será dende o Monte Pedrosa- o Cementerio dos ingreses. Para a saída habera tres puntos de encontro.1.-Pedrosa; 2.-Portela de Reira; 3.- Cementerio dos Ingreses.
NORMAS DE DESENVOLVEMENTO: O Campionato constara de 3 mangas, que seran o dia 07/03/09 de 8 da mañán ata 12 h, a comida será as 14h. no ristorante Villa de Oro .E de 16h ata as 20h será a 2ª manga.. O día 08/03/09 a 3ª manga será de 8 da maña as 12 do mediodía. Levaranse as capturas para lonxa donde se pesara e clasificará.
O sinal de “fin de proba” é obrigatorio o cese inmediato da acción de pesca, debendo retirarse a cana cobrando normalmente o aparello.
CONTROIS: A Asociación organizadora disporá dos controis que considere necesarios.
NORMAS DE COMPORTAMENTO: 1.-Nas competicións de lance, (en praia) permítese entrar na auga (máxima entrada, á altura aproximada do peito do participante) por un período breve de tempo e sempre dentro dos límites do seu posto e prolongación imaxinaria. 2.- A posición do participante, unha vez efectuado o lance, debe estar na parte seca do borde da auga, desde onde exercitará a acción de cravado e loita coas pezas cravadas. 3.- O lance pode realizarse desde calquera posición dentro do posto de pesca, realizados sempre en dirección e dentro do seu espacio de mar delimitado pola prolongación imaxinaria do seu posto. Quedan prohibidos os lances oblicuos. 4.- Prohíbese, asi mesmo, calquera lance realizado por detrás doutro participante contiguo que naquel momento se atopase dentro da auga. Dende as rochas terase en conta únicamente a seguridade dos participantes. 5.- O Xuíz ou os controis poderán correxir se é o caso a posición ou distancia do mar.
MATERIAL DEPORTIVO: 1.- O chumbo será de 60 gr. Mínimo e deberá sempre tocar fondo. CANAS. Autoriza o uso de dúas canas en acción de pesca. As cañas de reserva, sen limitación, poden estar montadas, con ou sen carrete, pero non co aparello ou baixo de liña. 2.- CARRETES. É opcional o tipo de carrete, xa sexa de bobina fixa ou xiratoria. Nas probas de lanzado usarase carrete recuperador. 3.- LIÑAS. Libres tanto en diámetro, como no súa composición. 4.-BAIXOS DE LIÑA. Son libres en dimensión, diámetro e composición. Soamente poderán ir provistos dun máximo de tres amocelos. Permítese : Ter dispostos e provistos de isco cantos baixos de liña considere necesarios. Utilizar, sempre fóra do amocelo, materias atraentes como perlas e plumas coloridas, pezas fluorescentes, etc. Non se permite: Colocar nos baixos de liña, elementos olorosos. 5.-FLOTADORES. Prohíbese o uso de flotadores nas probas de lanzado. 6. CEBOS. Poderán utilizarse toda clase de cebos naturais ou de orixe orgánico autorizados polo Organismo competente en materia de pesca marítima. Queda prohibido o cebado das augas na pesca de lanzado. Se circunstancias de índole administrativo, limitasen determinados cebos, a organización, previa autorización do Comité, porao en coñecemento dos participantes con anterioridade á data de inscrición.
7.- CAPTURAS 1.- Consideranse válidas: As que superen a medida mínima legal establecida como especies obxecto de pesca para a Competición, obtidas en tempo e forma. A que fose extraída por varios amoceles e aparellos de diferentes participantes, que se lle computará, como captura válida, Ao participante que teña enganchada co seu amocelo a peza pola boca. A peza cravada en “fin de proba” e fora extraída co movemento de recollida, sen tempo extra para traballala. 2.- Non se considerarán válidas : As pezas que teñan máis de un amocelo na boca ou fóra dela de distintos participantes. As que non superen a medida legal establecida. Os peixes manipulados ostensiblemente. A presentación á pesaxe de capturas non válidas, faculta Ao Xuíz ou Xuíces da competición para descalificar as pezas e deducir a puntuación que lles correspondería en caso de ser consideradas como válidas.O rematar o campionato , cada participante poderá levar a suas capturas.
CLASIFICACIÓNS: 1.- Establécense as seguintes puntuacións para as diferentes capturas : Grupo A: Robaliza, Dourada, Sargo, Choupa e Pargo. Terán CINCO puntos por gramo de peso.
Grupo B: Pintos e Maragotas que superen ou igualen o peso de 1 Kg terán TRES puntos por gramo de peso.
Todos os demaís peixes que non se atopen dentro destes grupos ou que non superen o Kg, S son da clase B terán UN PUNTO por GRAMO do peso total de capturas válidas. 2.- As clasificacións faranse por zonas (sectores) e por mangas. 3.- Clasificación individual tendo en conta as capturas válidas e o seu peso. En caso de empate: Na clasificación individual por manga: clasificarase antes o que teña computado o menor número de pezas. Se hai igualdade desempatarase pola peza maior; e se continúa a empate asignaráselles o mesmo posto. Na clasificación final individual: Se hai empate na suma de postos das diferentes mangas terase en conta : O participante que obtivese un mellor posto nas mangas.
PRAZO DE INSCRICIÓN DENDE O 05-02-09, ATA O 26-02-09.
Nº CTA:2091-0061-13-3040002859
Nº TELÉFONO:677351799
Nº FAX:981736007
CORREO ELÉCTRONICO:asociacionempresarioscamarinas@gmail.com
INSCRICIÓN : 50,00 €
INSCRICIÓN CON FIN DE SEMA COMPLETO (HAB.DOBRE,2 noites) : 130,00 €
ACOMPAÑANTE : 50,00 €
INSCRICIÓN CON FIN DE SEMA COMPLETO (HAB.INDIVIDUAL,2 noites) :110,00€
ACOMPAÑANTE : 50,00 €
NOTA: UNHA VEZ CUBERTA A INSCRICIÓN E FEITA A TRANSFERENCIA BANCARIA PREGASE ENVIEN POR FAX A INSCRICIÓN E O RECIBO BANCARIO O Nº DE FAX : 981736007.
PREMIOS
1º 800€
2º 400€
3º 200 €
4º 1 CARRETE
5º 1 TRAXE MEGA-TEX
PREMIOS ESPECIAIS
PREMIO A MAIOR CAPTURA: 200€
PREMIO O 1º CLASIFICADO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS : 1 EQUIPO COMPLETO DE PESCA.(CARRETE E CANA)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario