lunes, 21 de abril de 2014

3º CONCURSO SOCIAL MAR-COSTA


XI CAMPIONATO DE PESCA FLUVIAL CONCELLO DE ROIS

O pasado venres día 18, celebrouse o XI Campionato de Pesca Fluvial “Concello de Rois”, que organiza o Club de Pesca Deportiva LONDRA. Un campeonato que reúne a maior parte da élite da pesca galega na modalidade de lance, onde se dan cita varios campións galegos, campións provincias, membros da Selección Galega de Lance e un campión de España por equipos, todo esto na categoría Senior, pois tamén hai que destacar e moito aos participantes na categoría Xuvenil, xa que estos veñen de acadar a tempada pasada o subcampionato no Open de España de Pesca, atesourando tamén nas pasadas tempadas outros dous títulos de campións do Open de España, cabe destacar nesta categoría a Jesús Canicoba Aboy, que pese a súa corta idade ten no seu palmarés os mismos títulos por equipos que os seus compañeiros, contando tamén a título individual con tres títulos de campión no Open de España, poñendollo estos rapaces cada vez máis difícil e complicado aos da categoría Senior. Dende moi cedo a treintena de pescadores inscritos, deronse cita na Taberna o Pemento de Seira, donde despois de facer o sorteo e o emparellamento, trasladanse estos o esceario da proba que abarcaba todo o Couto de Rois e ás 8:00 daba comenzó a primeira manga que se alongaría ata as 10:00 da mañá, unha mañá que amanecia moi fría, con neboa e que non auguraba unha boa pescata, nada que ver coas temperaturas das que disfrutamos na xornada anterior con unha climatoloxia que casi podíamos calificar de verán. Entregadas as plicas da primeira manga, os presaxios cumprianse, os pescadores que tiveran en sorte empezar a pescar presentaban uns pobres resultados, soamente cinco troitas capturadas. Con moito máis ánimo ian comenzar a segunda manga, despois de tomar o refrixerio e descansar unha hora, parecía que a neboa comenzaba a levantar e incluso asomaban unhas raiñas de sol entre as nubes. As 11:00 daba comenzo a segunda manga que remataría as 13:00, tendo os pescadores ata as 13:30 para entregar as plicas, plicas que confirmaban as expectativas, en esta manga o río portarase moito millor. O final o reconto de plicas daba un total de 46 pezas capturadas, todas elas devoltas o río, xa que a proba desenvolviase coa modalidade de pesca sin morte, o cal arroxou a siguinte clasificación: 
CATEGORIA SENIOR. 1º. JOSÉ LUIS BLANCO GONZÁLEZ. 2º. JAVIER TORRES PRECEDO. 3º. JOSÉ EIRAS RODRÍGUEZ. 4º. RAMÓN BERNÁRDEZ CARRIL. 
CATEGORÍA XUVENIL: 1º. RICARDO PEREIRA GÓMEZ. 2º. JESUS CANICOBA FRANCOS. 2º. ALEJANDRO BLANCO OTERO. 4º. MARCOS FERRO RODRÍGUEZ. 
CATEGORÍA DAMAS: 1ª. CARLOTA GUIMAREY PÉREZ. 2ª. MELANIE GESTOSO REY. 3ª. ALBA CASTRO BELLO. 5ª. NIEVES IGLESIAS CARRERA.
PEZA MAIOR: JOSÉ EIRAS RODRÍGUEZ, (troita de 27 cm).


 Logo de elaborar as clasificacións, os pescadores disfrutaron de un merecido xantar no Bar Bernabé, donde o finalizar o mesmo se entregaron os premios por parte das autoridades presentes e sortearonse numerosos regalos entre todos os participantes. Cabe destacar en este acto de entrega de premios, a homenaxe que o Club de Pesca Deportiva LONDRA lle quixo rendir a tres colectivos que colaboran activamente nas actividades que organiza este Clube, tratanse de Emerxencias Rois Voluntariado, Distrito IV da Garderia de Medio Ambiente e a Garderia Privada do Couto de Rois, aos cales se lle entregaron sendas placas de homenaxe en agradecemento a sua extensa colaboración. O Clube de Pesca Deportiva LONDRA quere agradecer a colaboración dos seus principais patrocinadores, das casas comerciais, firmas do sector da pesca, grupos e páxinas de internet, prensa escrita e a todos os que de alguna maneira tiveron a xentileza de axudarnos a poder organizar e levar a cabo este XI Campionato de Pesca Fluvial “Concello de Rois”.