BASES DA XI EDICIÓN DO CAMPIONATO DE PESCA
“CABO VILÁN” EN CAMARIÑAS (14/03/2020)
Para poder participar os pescadores contarán coa
correspondente licenza de pesca e coa licenza federativa, de non contar con
ela, esta será facilitada pola organización, a que se lle deben de facilitar os
datos persoais unha semana antes da proba, por mor de tramitar o seguro
correspondente.
ESCENARIO
O escenario será dende o castelo do Soberano ata a praia de
Trece. A organización dependendo do número de participantes e da climatoloxía
poderá modificar as zonas de pesca o mesmo dia da competición, sempre
comprendida dentro do tramo especificado.
NORMAS DE DESENVOLVEMENTO
As 8:00 horas do 14/03/2020 os participantes estarán
na Lonxa de Camariñas para a presentación do programa. O Campionato constará de
1 manga, que será de 9:00 da mañá ata 15.30 da tarde. Levaranse as capturas
para lonxa para facer o pesado e determinar a puntuación segundo as bases.
Os participantes non poderán estar na zona de pesca antes do
sinal “inicio de proba”. O sinal de “fin de proba” é obrigatorio o cese
inmediato da acción de pesca, debendo retirarse a cana cobrando normalmente o
aparello.
CONTROIS
A Asociación organizadora disporá dos controis que considere
necesarios.
NORMAS DE COMPORTAMENTO
1.-Nas competicións de lance, (en praia) non se permite
entrar na auga.
2.- A posición do participante, unha vez efectuado o lance,
debe estar na parte seca do borde da auga, desde onde exercitará a acción de
cravado e loita coas pezas cravadas.
3.- O lance pode realizarse desde calquera posición dentro
do posto de pesca, realizados sempre en dirección e dentro do seu espazo de mar
delimitado pola prolongación imaxinaria do seu posto. Quedan prohibidos os
lances oblicuos.
4.- Prohíbese, así mesmo, calquera lance realizado por
detrás doutro participante contiguo. Dende as rochas terase en conta unicamente
a seguridade dos participantes.
5.- O Xuíz ou os controis poderán corrixir se é o caso a
posición ou distancia do mar. 2
MATERIAL DEPORTIVO
1.- O chumbo será de 60 gr. Mínimo e deberá sempre tocar
fondo. CANAS. Autoriza o uso de dúas canas en acción de pesca. As cañas de
reserva, sen limitación, poden estar montadas, con ou sen carrete, pero non co
aparello ou baixo de liña.
2.- CARRETES. É opcional o tipo de carrete, xa sexa de
bobina fixa ou xiratoria. Nas probas de lanzado usarase carrete recuperador.
3.- LIÑAS. Libres tanto en diámetro, como na súa
composición.
4.- BAIXOS DE LIÑA. Son libres en dimensión, diámetro e
composición. Soamente poderán ir provistos dun máximo de tres amocelos.
Permítese : Ter dispostos e provistos de isco cantos baixos de liña considere
necesarios. Utilizar, sempre fóra do amocelo, materias atraentes como perlas e
plumas coloradas, pezas fluorescentes, etc. Non se permite: Colocar nos baixos
de liña, elementos olorosos.
5.- FLOTADORES. Prohíbese o uso de flotadores nas probas de
lanzado.
6.- CEBOS. Poderán utilizarse toda clase de cebos naturais
ou de orixe orgánico autorizados polo Organismo competente en materia de pesca
marítima. Queda prohibido o cebado das augas na pesca de lanzado. Se as
circunstancias de índole administrativo, limitasen determinados cebos, a
organización, previa autorización do Comité, porao en coñecemento dos
participantes con anterioridade á data de inscrición.
CAPTURAS
1.- Considéranse válidas: As que cumpran a medida mínima
legal establecida polo Organismo Autonómico competente como especies obxecto de
pesca para a Competición, obtidas en tempo e forma; a tal obxecto, os
participantes deberán levar utensilios para medir as pezas. A que fose extraída
por varios amocelos e aparellos de diferentes participantes, computaráselle
como captura válida ó participante que teña enganchada co seu amocelo a peza
pola boca.
2.- Non se considerarán válidas: As pezas que teñan máis de
un amocelo na boca ou fóra dela de distintos participantes. As que non superen
a medida legal establecida. Os peixes manipulados ostensiblemente. A
presentación na pesaxe de capturas non válidas, faculta ao Xuíz ou Xuíces da
competición para descalificar as pezas e deducir a puntuación que lles
correspondería en caso de ser consideradas como válidas.
3.- As especies que non veñan reflectidas na táboa de
medidas mínimas leis da Consellería terán una medida mínima de 10 cm.
4.- As capturas presentadas a pesaxe estarán libres de area,
argazo, restos de aparellos, auga o calquera outros corpos alleos ás capturas
mesmas.
5.- Cada participante poderá levar as súas propias capturas
ou se non, estas serán donadas a Cáritas Parroquial de Camariñas. 3
PREMIOS
1º 500,00 Puntos
2º 300,00 Puntos
3º UN RELOXO DE XOIERÍA A CARAMIÑA
PREMIOS ESPECIAIS
PREMIO A MAIOR CAPTURA: Un Carrete
PREMIO O 1º CLASIFICADO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS*:
- UNHA CANA
*Este premio non poderá ser concedido a ningún dos dous
primeiros premiados.
CLASIFICACIÓNS
1.- As clasificacións faranse por zonas (sectores) e por
manga.
2.- Clasificación individual tendo en conta as capturas
válidas e o seu peso. En caso de empate: Na clasificación individual por manga:
desempatarase pola peza maior, e se continúa a empate asignaráselles o mesmo
posto.
ORGANIZADOR:
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E DE PROMOCIÓN TURÍSTICA DE
CAMARIÑAS
COLABORADORES:
FEDERACIÓN GALEGA DE PESCA
CONCELLO DE CAMARIÑAS
COFRADÍA DE PESCADORES DE CAMARIÑAS
PROTECCIÓN CIVIL DE CAMARIÑAS 4
PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 13/03/2020 ás 12:00h
Nº TELÉFONO: 647.39.80.23 – 662.48.82.53
CORREO ELÉCTRONICO: asociacionempresarioscamarinas@gmail.com
WEB: www.farovilan.com
INSCRICIÓN : 55,00 € (inclúe licenza federativa,
aperitivo de media mañá e xantar).
Se xa dispoñe de licenza federativa para o 2020 a
inscrición son 35,00€.
INGRESO Nº CTA: ES10 2080-0061-53-3040002859
Unha vez cuberta a inscrición e feita a transferencia
bancaria pregase envíen por correo electrónico a inscrición e o recibo bancario
para confirmar asistencia
PATROCINADORES:
ESTRELLA GALICIA
RECREATIVOS GRIFOMAR
CONSTRUCCIONES CYMCO CASAL
XOIERIA A CARAMIÑA
MUEBLES SAMBADE
AUTOS FONDO
TALLERES BERMÚDEZ
CONSTRUCCIONES PIRUCHO
RICARDO MAS E HIJOS
HOSTAL O PARRANDA
EVIA