miércoles, 22 de febrero de 2017

CAMPEONATO DE PESCA CAMARIÑAS


BASES DA IX EDICIÓN DO CAMPIONATO DE PESCA “CABO VILÁN” EN CAMARIÑAS
(04/03/2017) Para poder participar os pescadores que contarán coa correspondente licenza de pesca e coa licenza federativa, de non contar con ela, esta será facilitada pola organización, a que se lle deben de facilitar os datos persoais unha semana antes da proba, por mor de tramitar o seguro correspondente.
ESCENARIO
O escenario será dende a Ermida da Virxe do Monte ata antes da chegada a piscifatoría de rodaballo. A organización dependendo do número de participantes poderá modificar as zonas de pesca o mesmo dia da competición.
 NORMAS DE DESENVOLVEMENTO
As 8:00 horas do 04/03/2017 os participantes estarán na Lonxa de Camariñas para a presentación do programa. O Campionato constará de 1 manga, que será de 9:00 da mañá ata 15.30 da tarde. Levaranse as capturas para lonxa para facer o pesado e determinar a puntuación segundo as bases. Os participantes non poderán estar na zona de pesca antes do sinal “inicio de proba”. O sinal de “fin de proba” é obrigatorio o cese inmediato da acción de pesca, debendo retirarse a cana cobrando normalmente o aparello.
 CONTROIS
A Asociación organizadora disporá dos controis que considere necesarios.

NORMAS DE COMPORTAMENTO
1.-Nas competicións de lance, (en praia) non se permite entrar na auga.
 2.- A posición do participante, unha vez efectuado o lance, debe estar na parte seca do borde da auga, desde onde exercitará a acción de cravado e loita coas pezas cravadas.
3.- O lance pode realizarse desde calquera posición dentro do posto de pesca, realizados sempre en dirección e dentro do seu espazo de mar delimitado pola prolongación imaxinaria do seu posto. Quedan prohibidos os lances oblicuos.
4.- Prohíbese, así mesmo, calquera lance realizado por detrás doutro participante contiguo. Dende as rochas terase en conta unicamente a seguridade dos participantes.
 5.- O Xuíz ou os controis poderán corrixir se é o caso a posición ou distancia do mar.

2 MATERIAL DEPORTIVO
1.- O chumbo será de 60 gr. Mínimo e deberá sempre tocar fondo.
 CANAS. Autoriza o uso de dúas canas en acción de pesca. As cañas de reserva, sen limitación, poden estar montadas, con ou sen carrete, pero non co aparello ou baixo de liña.
2.- CARRETES. É opcional o tipo de carrete, xa sexa de bobina fixa ou xiratoria. Nas probas de lanzado usarase carrete recuperador.
3.- LIÑAS. Libres tanto en diámetro, como na súa composición.
4.- BAIXOS DE LIÑA. Son libres en dimensión, diámetro e composición. Soamente poderán ir provistos dun máximo de tres amocelos. Permítese : Ter dispostos e provistos de isco cantos baixos de liña considere necesarios. Utilizar, sempre fóra do amocelo, materias atraentes como perlas e plumas coloradas, pezas fluorescentes, etc. Non se permite: Colocar nos baixos de liña, elementos olorosos.
5.- FLOTADORES. Prohíbese o uso de flotadores nas probas de lanzado.
6.- CEBOS. Poderán utilizarse toda clase de cebos naturais ou de orixe orgánico autorizados polo Organismo competente en materia de pesca marítima. Queda prohibido o cebado das augas na pesca de lanzado. Se as circunstancias de índole administrativo, limitasen determinados cebos, a organización, previa autorización do Comité, porao en coñecemento dos participantes con anterioridade á data de inscrición.
CAPTURAS
1.- Considéranse válidas: As que cumpran a medida mínima legal establecida polo Organismo Autonómico competente como especies obxecto de pesca para a Competición, obtidas en tempo e forma; a tal obxecto, os participantes deberán levar utensilios para medir as pezas. A que fose extraída por varios amocelos e aparellos de diferentes participantes, computaráselle como captura válida ó participante que teña enganchada co seu amocelo a peza pola boca.
2.- Non se considerarán válidas: As pezas que teñan máis de un amocelo na boca ou fóra dela de distintos participantes. As que non superen a medida legal establecida. Os peixes manipulados ostensiblemente. A presentación na pesaxe de capturas non válidas, faculta ao Xuíz ou Xuíces da competición para descalificar as pezas e deducir a puntuación que lles correspondería en caso de ser consideradas como válidas.
3.- As especies que non veñan reflectidas na táboa de medidas mínimas leis da Consellería terán una medida mínima de 10 cm.
4.- As capturas presentadas a pesaxe estarán libres de area, argazo, restos de aparellos, auga o calquera outros corpos alleos ás capturas mesmas.
5.- Cada participante poderá levar as súas propias capturas ou se non, estas serán donadas a Cáritas Parroquial de Camariñas.
3 CLASIFICACIÓNS
1.- Establécense as seguintes puntuacións para as diferentes capturas : Grupo A: Robaliza, Dourada, Sargo, Choupa e Pargo. Terán CINCO puntos por gramo de peso.
Grupo B: Pintos e Maragotas que superen ou igualen o peso de 1 Kg terán TRES puntos por gramo de peso.
Todos os demais peixes que non se atopen dentro destes grupos ou que non superen o 1 Kg, son da clase B terán UN PUNTO por GRAMO do peso total de capturas válidas.

3.- Clasificación individual tendo en conta as capturas válidas e o seu peso. En caso de empate: desempatarase pola peza maior, e se continúa a empate asignaráselles o mesmo posto.
PREMIOS
 1º 600,00 Puntos
2º 300,00 Puntos
3º UNHA MOCHILA XTR VALORADA EN 120 PUNTOS DE JUANA´S SPORT
4º UN RELOXO NOWLEY DE XOIERÍA A CARAMIÑA
5º UNHA CANA
6º UN CARRETE PREMIOS ESPECIAIS PREMIO A MAIOR CAPTURA: 200 puntos
 PREMIO O 1º CLASIFICADO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS*: - MOCHILA XTR VALORADA EN 120 puntos de JUANA´S SPORT *Este premio non poderá ser concedido a ningún dos dous primeiros premiados.
4 ORGANIZADOR:
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E DE PROMOCIÓN TURÍSTICA DE CAMARIÑAS
COLABORADORES:
FEDERACIÓN GALEGA DE PESCA
CONCELLO DE CAMARIÑAS
COFRADÍA DE PESCADORES DE CAMARIÑAS
PATROCINADORES:
INDUSTRIAS CERDEIMAR
 ESTRELLA GALICIA
 XOIERIA A CARAMIÑA
JUANA’S SPORT
RECREATIVOS GRIFOMAR
MUEBLES SAMBADE
CONSTRUCCIONES CASAL
AUTOS FONDO TALLERES BERMÚDEZ
DIA SUPERMERCADOS
CONSTRUCCIONES PIRUCHO RICARDO MAS E HIJOS
 HOSTAL O PARRANDA
PRAZO DE INSCRICIÓN: 09/02/2017 ata o 03/03/2017 ás 12:00h Nº TELÉFONO: 647.60.81.58 - 647.39.80.23 – 981.73.63.27 CORREO ELÉCTRONICO: asociacionempresarioscamarinas@gmail.com WEB: www.farovilan.com FACEBOOK: Aept Camariñas
 INSCRICIÓN : 50,00 € (inclúe licenza federativa, aperitivo de media mañá e xantar). Se xa dispoñe de licenza federativa para o 2017 a inscrición son 35,00€. INGRESO Nº CTA: ES10 2080-0061-53-3040002859 Unha vez cuberta a inscrición e feita a transferencia bancaria pregase envíen por correo electrónico a inscrición e o recibo bancario para confirmar asistencia