A Competición celebrouse en duas modalidades, dende embarcación o venres 24, e o sábado 25 , rematando coa modalidade dende beira o domingo 26.
Baixo o pabellón do Clube de Pesca do Barbanza competían na modalidade de pesca dende embarcación un tal José Manuel Rey e un tal Martín Vielva. Imos describilos cunha imaxe (so apta pra quen non padeza do corazón).......son estes dous da foto:
Iniciábase a competición de embarcación o venres 24. O abundante e riquísimo almorzo que lle metemos ás 8 da maña no hotel-balneario Laias Caldaria, non nos facía supoñer o que nos agardaba nada mais cruzar a porta para fora. Unha baixada brusca de temperaturas fixo que ó inicio da primeira manga as temperaturas rozaran os cero graos,( eu mesmo tiven que apañar as orellas no chan nada mais sair pra fora). A néboa non desaparecía, e amais deso tiñamos un estupendo e xelado vento de nordés. ¿Qué mais se pode pedir?, pois que o primeir día de campionato se celebre nun encoro totalmente descoñecido para todo o mundo. Os presaxios dos oráculos cumplíronse: duas pezas na primeira manga, eso si de porte con 2,230 kgr. e 1,880 kgr., e un "carolo" colectivo na segunda fixeron que todo o mundo tivera posibilidades de cara ó segundo día de competición. O segundo día estivo menos frio e pescábase no encoro de Castrelo de Miño, que xa era coñecido pola maioria dos participantes. Esto viuse no aumento considerable de capturas. Un cupo feito polos campións, estas tres pezas
que nos daban o segundo posto na clasificación xeral a espera do que acontecera na derradeira manga e outras duas embarcacións mais con capturas. Problemas no motor fixeron que non puidésemos coller a postura da mañá por falta de potencia, pois debido a un exceso de información na hora do xantar houbo quen se enterou e nos ocupou a nosa zona de pesca. Perdemos un posto pero acadamos unha mais que meritoria 3ª posición final, tendo en conta que os campións do mundo quedaron na 5ª praza.DOMINGO 26 PESCA DENDE BEIRA
Na segunda manga pescouse bastante mais e a nosa arma segreda acadou un terceir posto que o levou á cuarta posición na xeral quedando Luis Peláez como quinto clasificado.
Para rematar os colegas do Clube APPA de Portugal entregaron para sortear entre os participantes dúas canas de pesca de tubo e gama alta, as cales lle corresponderon a dous dos membros do noso Clube José Antonio Gómez Pérez (Tono) e..........sí a outra pra quén ía ser pra..... Darío.
Noraboa ós premiados
As Clasificacións finais foron as seguintes:
1 comentario:
Felicidades!!!! o ano que ven o ouro!!!!!
JOSÉ LUIS LAGO
Publicar un comentario