martes, 28 de octubre de 2008

EXCEPCIONAL ACTUACIÓN DO CLUBE DE PESCA DO BARBANZA NO I OPEN INTERNACIONAL DE BLACK BASS "O RIBEIRO"

Todo o día buscando calificativos, e todos se quedan curtos para definir a actuación do noso Clube no I Open Internacional de Black Bass Galicia que tivo lugar este pasado fin de semán nos encoros ourensanos de Frieira e Castrelo de Miño e que foi organizado maxistralmente polos nosos amigos do Clube de Pesca Ribeiro.
A Competición celebrouse en duas modalidades, dende embarcación o venres 24, e o sábado 25 , rematando coa modalidade dende beira o domingo 26.
Baixo o pabellón do Clube de Pesca do Barbanza competían na modalidade de pesca dende embarcación un tal José Manuel Rey e un tal Martín Vielva. Imos describilos cunha imaxe (so apta pra quen non padeza do corazón).......son estes dous da foto:

Iniciábase a competición de embarcación o venres 24. O abundante e riquísimo almorzo que lle metemos ás 8 da maña no hotel-balneario Laias Caldaria, non nos facía supoñer o que nos agardaba nada mais cruzar a porta para fora. Unha baixada brusca de temperaturas fixo que ó inicio da primeira manga as temperaturas rozaran os cero graos,( eu mesmo tiven que apañar as orellas no chan nada mais sair pra fora). A néboa non desaparecía, e amais deso tiñamos un estupendo e xelado vento de nordés. ¿Qué mais se pode pedir?, pois que o primeir día de campionato se celebre nun encoro totalmente descoñecido para todo o mundo. Os presaxios dos oráculos cumplíronse: duas pezas na primeira manga, eso si de porte con 2,230 kgr. e 1,880 kgr., e un "carolo" colectivo na segunda fixeron que todo o mundo tivera posibilidades de cara ó segundo día de competición. O segundo día estivo menos frio e pescábase no encoro de Castrelo de Miño, que xa era coñecido pola maioria dos participantes. Esto viuse no aumento considerable de capturas. Un cupo feito polos campións, estas tres pezas

que nos daban o segundo posto na clasificación xeral a espera do que acontecera na derradeira manga e outras duas embarcacións mais con capturas. Problemas no motor fixeron que non puidésemos coller a postura da mañá por falta de potencia, pois debido a un exceso de información na hora do xantar houbo quen se enterou e nos ocupou a nosa zona de pesca. Perdemos un posto pero acadamos unha mais que meritoria 3ª posición final, tendo en conta que os campións do mundo quedaron na 5ª praza.

mirade que cariña nos quedou. Non entrenáramos o sorriso da foto dos premios.

DOMINGO 26 PESCA DENDE BEIRA

O domingo tiña lugar a competición dende beira, a expedición do noso clube unímonos ó mellor de cada casa, SEGOBASS de Leon e TRUTTA de Santiago. Bo ambiente, birras a paladas e mentiras sobre o sistema de pesca que íamos empregar ó día seguinte foi a tónica, con ginebra, xeral da noite do sábado. Palpábase a tensión típica de competición, todo o mundo andaba a buscar información que lle poidera ser útil para o día seguinte . Nos estabamos moi tranquilos pois íamos coa nosa arma segreda DARIO, alias Drop Shot Chorra (que significa: sistema de pesca que consiste en ir a pescar a campeonatos en modalidades de pesca que descoñeces ou non tes nin pu.. idea e vas e quedas entre os primeiros). Na primeira manga só tres dos mais de 30 pescadores que se deron cita na competición trincaron algún peixe de medida, un deles acadou o segundo posto. Foi o socio do noso Clube Luis Pelaez que aparece na seguinte foto con un colega de pesca
Na segunda manga pescouse bastante mais e a nosa arma segreda acadou un terceir posto que o levou á cuarta posición na xeral quedando Luis Peláez como quinto clasificado.
Para rematar os colegas do Clube APPA de Portugal entregaron para sortear entre os participantes dúas canas de pesca de tubo e gama alta, as cales lle corresponderon a dous dos membros do noso Clube José Antonio Gómez Pérez (Tono) e..........sí a outra pra quén ía ser pra..... Darío.
Noraboa ós premiados

As Clasificacións finais foron as seguintes:

Quero dende aquí darlle as grazas ós membros do Clube de pesca Ribeiro especialmente a José Ramón, o seu presidente, polo excelente trato e por tódalas atencións que nos dispensaron, que foron moitas. E darlle tamén a noraboa pola excelente organización dun evento destas dimensións e caracteríscticas. Esta claro que se seguen así chegarán ata onde queiran.

Tódalas fotos nos seguintes links:


Non vos perdades o amplo reportaxe que emitirá o programa Couto Vivo da TVG dentro de catro semáns onde DARIO (Doctor en Actividades de RIO) nos explicará pormenorizadamente o montaxe Drop Shot.

1 comentario:

José Luis Lago dijo...

Felicidades!!!! o ano que ven o ouro!!!!!

JOSÉ LUIS LAGO