Estimado Presidente:
Froito do Convenio do 2008 con Medio Ambiente, Federación Galega de Caza e Federación Galega de Pesca a revista mensual CAZA E PESCA GALEGA distribuirase gratuitamente aos federados das anteditas federacións, para o cal será preciso que facilitedes os datos (bases de datos, excel, etc), cos enderezos actualizados dos federados ao correo da revista que figura ao pé deste comunicado, autorizándoos a usar eses datos unicamente para a recepción nos seus respectivos domicilios da REVISTA CAZA E PESCA. Se existisen grupos familiares redúcese a recepción a un único exemplar, para o cal unicamente facilitaredes os datos dun dos membros da familia que comparta domicilio.
A revista xa sería a deste mes, ou sexa que andade lixeiros...
Un cordial saúdo
Pedro Manuel Romarís Pereira
Presidente
No hay comentarios:
Publicar un comentario