No D.O.G. publicado no día de hoxe figura a Orde do 28 de maio de 2008 onde se fai pública a lista de deportistas galegos de alto nivel, entre os cales figuran Sandra De la Fuente Sánchez e David Arcay Fernández.
Dende o Clube de Pesca do Barbanza queremos darlle a noraboa polos éxitos colleitados e sobradamente coñecidos por todos nós (a ver por que pensades que lles temos envexa), e por outra banda dámoslle as grazas porque fan que esa nosa paixón, tamén chamada deporte, que é a pesca teña un maior recoñecemento e se saiba que existe. Noraboa a eles e tamén ó mundo da pesca deportiva galega.
Para ver a Orde pincha neste link:
http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/9a3f9aa89fb743cec125745d005fab78/$FILE/10700D011P044.PDF
No hay comentarios:
Publicar un comentario