X EDICIÓN LECER E PESCA 2015
O pasado día
sábado 4 de Xullo, celebrouse a X Edición de Lecer e Pesca 2015, organizada
polo Club De Pesca Deportiva Londra na Praia fluvial de Seira no concello de
Rois.
A tarde estivo
marcada polo carácter festivo deste evento, pois con estas xornadas o que pretendemos
dende o Club Londra é que os cativos e cativas, comencen a dar os primeiros
lances na pesca. Pensemos pois que estes nenos e nenas serán os pescadores de
un futuro cercano.
A
participación un ano mais, e xa van dez, foi coma sempre numerosa, contando con
Clubes como o Barbanza e Val de Lemos, ós cales lles agradecemos a súa
participación neste evento.
A tarde non só
foi pescar, tivemos actuacións de contacontos, música, taller de montaxe de
moscas por xentileza de Rafael De La Iglesia e por suposto unha gran merenda,
con refrescos e máis xiados, tanto para os nenos coma para os máis maiores que
os acompañaron. Rematando así, cunha entrega de premios para todos os
participantes da proba.
Este mesmo
sábado, celebrouse o Campeonato Xuveníl Oficioso no Coto de Rois quedando en
primeiro lugar Raúl Pérez Prieto; en segundo, Jesús Canicoba Aboy ; en terceiro,
Carlota Guimarey Pérez e en cuarto lugar Jorge Soto Rozas. E o premio a peza
maior foi para Raúl Pérez Prieto.
Dende a
directiva do Club De Pesca Deportiva Londra agradecemos a todos os estamentos
públicos, ós participantes e colaboradores a axuda prestada para poder realizar
este día de festa. Aproveitamos para invitarvos para o ano que vén que xa serán
a XI Festa de Lecer e Pesca.
Un saúdo, a
directiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario