XLIX FESTA DA TROITA DE PONTE CALDELAS 2015
Como xa é habitual o Club de Pesca Deportiva Londra
de Rois, participou no Concurso De Pesca Deportiva da XLIX Festa da Troita de
Ponte Caldelas 2015 celebrada os días 30 e 31 de Maio no río Verdugo. Ó igual
que todolos anos o Clube Londra presentou socios a tódalas modalidades.
O sábado 30 de
Maio foi o turno dos senior, presentándose José Eiras Rodríguez, Carlos Torrado
Barros, David Álvarez Lorenzo e José Otero Reboredo.
O domingo, foi
para as mulleres, xuvenís e infantís. Presentándose polo Club Londra Carlota
Guimarey Pérez, Melani Gestoso Rey e Yessica Moldes Ojea na categoría de damas;
Jesús Canicoba Aboy, Ángel Guimarey Pérez, Lucas Otero Álvarez, Brais Blanco
Tarrío e Martín Mosquera López na categoría de xuvenís e os irmáns Fabián e
Brais Eiras Torrado na categoría de infantís.
Logo da
participación dos socios o longo do fin de semana é preciso mencionar que o
Club de Pesca Deportiva Londra acadou o terceiro posto por equipos. Logrando
David Álvarez Lorenzo o terceiro posto na categoría senior e mencionar tamén o
excelente resultado no equipo feminino pois as dúas primeiras clasificadas
foron Melani Gestoso Rey e Yessica Moldes Ojea, acadando primeiro e segundo
posto respectivamente.
Se che
interesa ser partícipe de todos estes logros ano tras ano podes facerte socio
ou contactar connosco a través do correo electrónico
clubdepescalondra.rois@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario