Este pasado domingo tiñan lugar as dúas últimas mangas do Campionato Autonómico de auga doce 2014 que tivera o seu arranque 15 dias antes no encoro de Vilasouto. Esta vez o encoro de Portomarín sería o escenario, e alí participaban representado ó noso Club dous dos nosos socios, José Manuel Rey e Jesús Martínez Carballo. Este último viña de realizar dúas mangas impecables, obtendo en cada unha delas o primeiro posto no seu sector. Neste segundo día o que fixo foi o mesmo, un primeiro de sector en cada manga, como resultado o primeiro posto na clasificación final e ademais o ascenso ó Selectivo. José Manuel obtivo un meritorio 7º posto. Os dous pelexarán dentro duns días por obter unha praza para o vindeiro Campionato de España e por manterse no Selectivo da modalidade. Noraboa e sorte nese vindeiro compromiso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario