lunes, 27 de mayo de 2013

XLVII CAMPEONATO INTERNACIONAL DE PESCA FLUVIAL DE PONTE CALDELAS.

OS CLUBES DE PESCA DA COMARCA DO SAR TRIUNFAN NO INTERNACIONAL DE PONTE CALDELAS.

Caza e Pesca de Padrón e o Club de Pesca Deportiva Londra de Rois acaparan os primeiros postos no XLVII Campeonato Internacional de Pesca Fluvial de Ponte Caldelas que ven de disputarse este fin de semana como parte da programación da Festa da Troita que se celebra en esta vila pontevedresa.
A proba tivo como esceario o Couto de Ponte Caldelas e o Couto de Cotobade no río Verdugo, no que o longo do fin de semana acolleu a participación das distintas categorías. O sábado celebrábase o proba en categoría senior e categoría veteráns. Foi na categoría senior na que as sociedades da comarca do Sar se repartiron os premios desta xornada, acadando Caza e Pesca de Padrón o primeiro e terceiro posto, logrados  por Fernando Blanco González e José Luis Blanco González respectivamente que lle daría tamén a victoria por equipos, mentres o Clube de Pesca Deportiva Londra conseguia  a peza maior, unha troita de 37cm e 435 gramos que foi capturada por José Del Río Somoza e un cuarto posto acadado por David Álvarez Lorenzo que lle daría o subcampeonato por equipos.
A xornada dominical arrancaba de novo as 8:30 da mañan cos campeonatos das categorías infantis, xuvenís e damas, donde o Club de Pesca Deportiva Londra se impuxo con rotundidad na categoría xuvenil, colocando o remate da proba no primeiro e segundo posto do podium a Jesús Canicoba Aboy e a Damián Otero Rodríguez respectivamente, na categoría infantil acadaron o cuarto e quinto posto logrados por Fabián e Brais Eiras Torrado o que sin dúbida daba continuidade o éxito acadado na xornada anterior por os pescadores de Rois, asegurando un bó futuro na pesca deportiva na comarca do Sar dado o bo facer das categorías inferiores do Clube de Rois.
O éxito acadado por estas duas sociedades, adquire máis valor si cabe, polo alto nivel competitivo dos participantes, entre os  que se encontraban integrantes de seleccións autonómicas con varios títulos tanto a nivel autonómico como nacional no seu palmarés e pescadores de sociedades do veciño país Portugal, o que lle dá o carácter internacional a proba.

No hay comentarios: