OS CLUBES DE PESCA DA COMARCA DO SAR
TRIUNFAN NO INTERNACIONAL DE PONTE CALDELAS.
Caza e Pesca de Padrón e o Club de Pesca Deportiva Londra de
Rois acaparan os primeiros postos no XLVII Campeonato Internacional de Pesca
Fluvial de Ponte Caldelas que ven de disputarse este fin de semana como parte
da programación da Festa da Troita que se celebra en esta vila pontevedresa.
A proba tivo como esceario o Couto de Ponte Caldelas e o
Couto de Cotobade no río Verdugo, no que o longo do fin de semana acolleu a
participación das distintas categorías. O sábado celebrábase o proba en
categoría senior e categoría veteráns. Foi na categoría senior na que as
sociedades da comarca do Sar se repartiron os premios desta xornada, acadando
Caza e Pesca de Padrón o primeiro e terceiro posto, logrados por Fernando Blanco González e José Luis
Blanco González respectivamente que lle daría tamén a victoria por equipos,
mentres o Clube de Pesca Deportiva Londra conseguia a peza maior, unha troita de 37cm e 435
gramos que foi capturada por José Del Río Somoza e un cuarto posto acadado por
David Álvarez Lorenzo que lle daría o subcampeonato por equipos.
A xornada dominical arrancaba de novo as 8:30 da mañan cos
campeonatos das categorías infantis, xuvenís e damas, donde o Club de Pesca
Deportiva Londra se impuxo con rotundidad na categoría xuvenil, colocando o
remate da proba no primeiro e segundo posto do podium a Jesús Canicoba Aboy e a
Damián Otero Rodríguez respectivamente, na categoría infantil acadaron o cuarto
e quinto posto logrados por Fabián e Brais Eiras Torrado o que sin dúbida daba
continuidade o éxito acadado na xornada anterior por os pescadores de Rois,
asegurando un bó futuro na pesca deportiva na comarca do Sar dado o bo facer
das categorías inferiores do Clube de Rois.
O éxito acadado por estas duas sociedades, adquire máis valor
si cabe, polo alto nivel competitivo dos participantes, entre os que se encontraban integrantes de seleccións
autonómicas con varios títulos tanto a nivel autonómico como nacional no seu
palmarés e pescadores de sociedades do veciño país Portugal, o que lle dá o
carácter internacional a proba.