O pasado sábado día 28 de xuño a sociedade de Caza e Pesca A Venatoria de Santiago celebrou a xornada que da por concluido o programa de xornadas de pesca dirixido ós máis pequenos.
Os lagos e o propio parque da Granxa do Xesto en Santiago serviu de escenario para esta xornada que se iniciaba ás 11:30 horas e remataba ás 19 horas coa entrega de agasallos.
Durante o percorrido polo parque Técnicos en medio ambiente axudaron ós rapaces a entender a necesidade de cuidar e mimar o noso entorno. Tamén houbo taller de montaxe onde se ensinou a facer nudos, señuelos e iniciación á pesca.
Percorrido polo parque
Aprendendo os primeiros pasos para a pesca
No hay comentarios:
Publicar un comentario