viernes, 24 de mayo de 2013

EXITO ROTUNDO DO CLUB DE PESCA DO BARBANZA NO "XII OPEN AUTONÓMICO DE PESCA MEMORIAL MANOLO ROUCO"


O pasado 17 de maio, día das Letras Galegas, os membros mais novos do Club de pesca do Barbanza saían rumbo a Lugo para tomar parte no "XII Open Autonómico de pesca Memorial Manolo Rouco". A expedición estaba formada por sete participantes, os cales estaban distribuidos da seguinte maneira, dous benxamíns, tres infantís e dous xuvenís. Todos eles tiveron unha actuación sobresaínte, pois como podedes comprobar atoparédelos nos primeiros postos das clasificacións. Hai futuro.  










martes, 23 de abril de 2013

PILAR REY SILVA ACADA O ASCENSO A "ALTA COMPETICIÓN NACIONAL" NO CAMPIONATO DE ESPAÑA MAR COSTA DAMAS


O pasado fin de semana tivo lugar na praia de los Quebrantos, no Princpado de Asturias, o Campionato de España na modalidade de mar-costa categoría damas. Por primeira vez na historia do noso Club, (tampouco é que teñamos que ir moi lonxe), o Barbanza tiña representación nesta modalidade.  E que representación, Pilar Rey Silva, a nosa Delegada de mar, a cal nos deu unha lección do que hai que facer cando se vai a competir.   Na súa primeria experiencia representando á Selección Galega acadou un mais que meritorio noveno posto na clasificación final individual e ademais logrou meterse na alta competición nacional. Estamos agardando a que nos contes a experiencia, ata entón noraboa Pili polos teus éxitos, os cales fan mais grande ó noso Club.